Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Basilio Álvarez, "o cura de Beiro" o "a sotana rebelde"

Imagen
Nace en 1877 en Ourense dentro dunha familia numerosa. O seu pai era ferreiro, oficio ao que se dedicaron os seus irmáns moi cedo, pero Basilio non tiña dotes para este oficio polo que o seu pai decidiu que estudara.   Cando remata bacharelato, os seus pais non podían pagar os seus estudos universitarios polo que o envían ao Seminario Conciliar de San Fernando. Estuda Teoloxía e fai o servizo militar na Coruña. Durante a súa estancia no cuartel viviu as desastrosas consecuencias da Guerra de Cuba (1898), considerando que era resultado da incapacidade dos políticos monárquicos españois.   En 1902 ordénase sacerdote, combina as tarefas de párroco coa súa actividade xornalista, atacando aos obreiros organizados fora do Círculo Católico e ao clero ourensán. Por estas datas coñece a Lamas Carvajal que lle ofrece colaborar no seu xornal   El eco de Orense , axudándolle a coñecer os problemas dos campesiños galegos.  En 1904 publica   El cura rural   onde defendía o clero

Manuel Alonso Martínez

Imagen
Nace en Burgos o 1 de xaneiro de 1827, nunha familia de clase media e críase nun ambiente culto.   Comeza os estudos elementais na súa cidade natal. En 1841, trasládase a Madrid para estudar Dereito, onde decide estudar tamén a carreira, recén creada, de Filosofía e Letras, porque cre que un xurista debe saber expresar por escrito os seus pensamentos.   En 1854, decide regresar a Burgos e a petición dos seus paisanos preséntase ás eleccións de outubro de 1854; recibe os votos de todos os partidos políticos da provincia e inicia aquí a súa andadura política como deputado a Cortes por Burgos, baixo o goberno de Baldomero Espartero, durante o Bienio Progresista (1854-1856), durante o reinado de Isabel II. Se ben é certo que non ten compromiso político, simpatiza coas ideas progresistas.   Na primeira lexislatura no Congreso (1855) séntase con políticos que chegan ao Parlamento por primeira vez, entre outros Cánovas e Sagasta, cos que compartirá tribuna o resto da súa

A lei do divorcio de 1932

Imagen
Caricatura da revista satírica conservadora  Gracia y Justicia  (1931)   Ao longo da historia, en España , o Fuero Juzgo (instaurado polos visigodos)  admitía o divorcio só en casos de sodomía do marido, indución á prostitución da muller e o adulterio desta. Posteriormente  As Sete Partidas , redactadas durante  reinado de Afonso X, prohibírono.  A súa orixe ubícase en 1870, cando se consagrou o matrimonio civil obrigatorio. Na Segunda República en 1931 foi cando se soubo por primeira vez do divorcio: o artigo 43 da Constitución recoñeceu o dereito aos cidadáns a poñer fin legal ao sagrado sacramento do matrimonio: “ La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa. Los padres están obligados a alimentar, asistir, educar e instruir a sus hijos. El Estado velará por el cumplimiento de estos

GALEGAS DA CONTEMPORANEIDADE

Imagen
  ACCESO

VÍTIMAS DO IMPERIALISMO

Imagen
  ACCESO

DEVANCEIRAS

Imagen
  ACCESO

INVENTOS DO SÉCULO XIX

Imagen
  ACCESO

La "Gran Redada"

Imagen
Los gitanos, un pueblo cuya historia comienza en India, pero que termina de formarse en Europa, sufrieron durante toda la Historia de España diferentes discriminaciones y leyes antigitanas. Entre ellas está la Gran Redada, un proyecto antigitano que se llevó a cabo en 1749. En el siglo XV, el primer grupo de gitanos proveniente de Europa central, entró en la península ibérica desde los Pirineos. Este grupo fue considerado como oriundo de Egipto Menor (Chipre y Siria, aunque algunos historiadores lo sitúan en la Capadocia turca o el Peloponeso griego), por eso mismo se les dio el gentilicio de exipciano que más tarde fue evolucionando a egipciano, egitano, y finalmente hasta el que conocemos todos, gitano.   Aunque el primer grupo de gitanos que entró en la península ibérica provenía de Europa central, que es donde se llevó a cabo su verdadera formación con la mezcla de la población europea que no era gitana, el origen del pueblo gitano se encuentra al noroeste de la India. Sobre la fec

Matanza dos avogados de Atocha

Imagen
  O pasado 24 de xaneiro celebrouse o 44 aniversario dun dos moitos acontecementos que marcaron a Historia de España, o asasinato dos avogados de Atocha. O sucedido esa noite de inverno de 1977 foi a última traxedia na recta final contra a loita do franquismo, o preámbulo para recuperar a democracia.    Para entender os feitos acontecidos nesa data, hai que remontarse tempo atrás... A loita comezou o 18 de xullo de 1936, cando o xeral Francisco Franco se levanta en armas contra o goberno lexitimamente constituído. Durante os 40 anos seguintes, sucedéronse en España diversas accións por recuperar a liberdade.  No ano 1956, o Partido Comunista de España (PCE), partido ilegal que encabezaba dende o interior do país as mobilizacións de oposición ao réxime, lanza o que os seus dirixentes denominan a Política de Reconciliación Nacional, un gran cambio estratéxico no que se cambian as formas de combater o franquismo. Xa non era suficiente os enfrontamentos bélicos e a loita armada, senón que

“Trágala” e “Vivan las caenas”

Imagen
  Durante a restauración de Fernando VII (1814-1833) surxiron dúas posicións contrapostas no que a ideoloxía respecta; absolutistas e liberais. Así xorden o "Trágala" como resposta dos liberais ao grito de "Que vivan las caenas!" cos que os absolutistas recibían con boa fe a Fernando VII, o "rei felón" do momento.   Na Guerra Civil, eran xa cantadas composicións populares, concretamente durante os enfrontamentos bélicos, xa que “unha canción cantada polo pobo, así como a historia, nunca desaparece”.  Respecto ao "trágala", é un sustantivo masculino con dous significados; feito polo que se obliga a alguén a aceptar algo a forza ou, sendo a definición axeitada ao contexto, canción patriota polo seu contido dos liberais españois do século XIX, concretamente durante o pronunciamento de Riego para proclamar de novo a Constitución de 1812, tema central do Trágala, o segundo por orden de importancia sería o ataque aos pacistas; quenes acomodan o seu com