Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Gabacho

Imagen
Goya: El dos de mayo en Madrid , 1814 (Museo del Prado) O outro día lin a entrada sobre a palabra “guiri” do meu compañeiro Luis. O tema de descubrir a procedencia de palabras cuxa orixe está relacionado coa historia pareceume moi interesante. Por iso, en pleno estudio da Guerra de Independencia para o exame, xurdiume a dúbida de se a denominación pexorativa “gabacho” cara os franceses proviña desta época. Efectivamente as miñas sospeitas eran correctas. Aínda que o termo utilizábase xa no século   XVII para referise á poboación humilde dos Pireneos que baixaban a España para traballar, o seu uso xeneralizouse a toda a poboación francesa durante a Guerra de Independencia e a invasión napoleónica. Hai fontes que afirman que o termo en si mesmo procede de “gavach” que significaba “o que fala mal”. E realmente esta poboación acostumaba a ter problemas de dicción, xa sexa pola escasa educación ou por enfermidades que os montañeses padecían na garganta. De feito

Mientras dure la guerra

Imagen
Cartel do filme Mientras dure la guerr a (Alejandro Amenábar, 2019) Fai pouco saíu na prensa unha noticia na que un grupo de persoas de extrema dereita do partido España2000 boicoteaban un pase da película Mientras dure la guerra de Amenábar. Cando comezou a proxección, os radicais irrumpiron na sala e comezaron a proferir gritos como “Viva Cristo Rei!”, “Viva España!” e “Arriba España”, á vez que despregaban unha pancarta na que se podía ler: “Únete á resistencia, España2000”. Non é a primeira vez que se producen actos de este tipo. Entre os últimos anos da época do franquismo e finais da década de 1980 foron máis ou menos frecuentes os ataques a cines que exhibían filmes considerados “inaceptables” por certos sectores da poboación. Algúns destes ataques foron, por exemplo, o do cine madrileño Luchana que estrenaba o filme La camada negra, de Manuel Gutiérrez Aragón. A este cine puxéronlle unha bomba, despois lanzáronlle un coctel molotov contra a fachada e finalme