Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Camilo de Dios

Camilo de Dios. O último guerrilleiro de Galiza

Imagen
Introdución: a guerrilla e os maquis  Tras o remate da Guerra Civil española (no ano 1936) que deu paso á ditadura franquista, xorden en todo o territorio do Estado un conxunto de movementos de resistencia ao réxime ditatorial, que reciben o nome de guerrilla antifranquista ou maquis. Por extensión, a palabra maquis fai referencia a este movemento, pero tamén ás persoas que, motivadas por diversas razóns ou posturas políticas, fixeron fronte ao exército golpista. É dicir, un maquis é ​ unha persoa que pertencía á resistencia armada unha vez rematada a guerra civil española.  Os maquis en Galiza  En Galiza, a guerrilla estivo protagonizada por mulleres e homes que optaron por botarse ao monte, dispostos a percorrelos enteiros coa finalidade última de derrocar o réxime e alcanzar de novo a democracia. Organizados en pequenos grupos, moitas veces disfrazados de curas, gardas civís etc. para pasar desapercibidos, levaban a cabo misións na clandestinidade pa...

Camilo de Dios: o derradeiro maquis galego

Imagen
O pasado mércores, faleceu Camilo de Dios, o derradeiro guerrilleiro antifranquista galego . De militancia comunista, Camilo de Dios loitou na guerrilla antifranquista nos anos corenta, ata que caeu nas mans da represión franquista. Recentemente, a súa vida foi narrada no documental  Camilo de Dios : o derradeiro guerrilleiro galego ( Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García, Pedro Iglesias, 2016). Foi tamén protagonista doutro documental, A cidade da selva ( Pilar Faxil e Helena Gallardo, 2006) nome que os guerrilleiros antifranquistas deron ao seu refuxio nos montes de Casaio (Ourense). Casualmente, a prensa destes días tamén dá noticia dunha exposición relacionada coa represión franquista: Pequeñas cosas . Trátase dunha mostra que expón obxectos persoais dos condeados a morte durante a ditadura, obxectos que perviviron grazas a que foron gardados polas familias.