Manuel Alonso Martínez


Nace en Burgos o 1 de xaneiro de 1827, nunha familia de clase media e críase nun ambiente culto. Comeza os estudos elementais na súa cidade natal. En 1841, trasládase a Madrid para estudar Dereito, onde decide estudar tamén a carreira, recén creada, de Filosofía e Letras, porque cre que un xurista debe saber expresar por escrito os seus pensamentos. 

En 1854, decide regresar a Burgos e a petición dos seus paisanos preséntase ás eleccións de outubro de 1854; recibe os votos de todos os partidos políticos da provincia e inicia aquí a súa andadura política como deputado a Cortes por Burgos, baixo o goberno de Baldomero Espartero, durante o Bienio Progresista (1854-1856), durante o reinado de Isabel II. Se ben é certo que non ten compromiso político, simpatiza coas ideas progresistas. 

Na primeira lexislatura no Congreso (1855) séntase con políticos que chegan ao Parlamento por primeira vez, entre outros Cánovas e Sagasta, cos que compartirá tribuna o resto da súa vida. Ao mesmo tempo, é secretario da primeira Comisión Xeral de Codificación, onde realiza o proxecto da Lei do Traballo, cuxas medidas non eran progresistas para a clase traballadora, o que fixo que dimitira en 1856. Isto provocou o fin do Bienio Progresista e a chegada dos conservadores. 

Alonso retírase da política ata 1865, cando reaparece para ocuparse de facenda durante o goberno de O’Donnell (1865-1866), quen encabezara en 1854 un pronunciamento que, secundado por movementos populares, deu paso ao Bienio Progresita. Pero só un ano despois, Alonso abandona e volve desaparecer ata 1874, cando estivo ao fronte do minsterio de Graza e Xustiza. É dicir, reaparece xusto cando remata o Sexenio Democrático, durante o que se mantivo apartado das tarefas de goberno, adicándose á súa labor de académico, escritor e avogado, sendo esta a etapa onde escribe a maior parte das súas obras. Xa baixo o mandato de Cánovas a finais de 1874, forma parte da comitiva que se dirixe a Sagunto para recibir a Afonso XII. 

Foi cofundador do Partido Centralista, cuxa existencia foi fundamental na elaboración da Constitución de 1876, que Manuel Alonso axudou a redactar. Esta Constitución sustituirá ao proxecto de Constitución Federal de 1873. Posteriormente, o seu partido deu lugar ao Partido Fusionista, que alternou o goberno co Partido Conservador de Cánovas. Durante esta etapa (1881-1885), dende o ministerio de Graza e Xustiza promulgou o Código Civil, a Lei de Imprenta, separou a xurisdicción civil e criminal, impulsou a Lei de Enxuizamento Criminal etc. 


Nos seus últimos anos de vida, foi nomeado Académico (1889) e presidente do Congreso dos Deputados (1890). Faleceu o 13 de xaneiro de 1891, deixando como legado importantes ensaios e a súa pegada na nosa historia. 

Laura Alonso Martínez

2º Bacharelato A

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931