Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Cuba

O desastre do 98

Imagen
España na segunda metade do século XIX conservaba do seu antigo imperio as Filipinas, Cuba e Porto Rico. Cuba era un dos territorios máis importantes. Co destronamento de Isabel II un grupo de independentistas cubanos aproveitou a ocasión e co famoso grito de “Viva Cuba libre” desatouse en Yara en 1868 unha revolta guiada por Carlos Manuel de Céspedes. Esta situación tardou moito en reconducirse e grazas ao xeneral Martínez Campos, en 1878 moitos insurxentes aceptaron a paz no cuartel español de San Agustín de Zanjón poñendo así fin á Guerra dos Dez Anos.   Esta paz non duraría moito xa que en 1895 os independentistas volveron á carga capitaneados por José Martí, quen fundou o Partido Revolucionario Cubano. Os cubanos volveron gritar o “Viva Cuba libre” pero esta vez en Baire o 24 de febreiro de 1895, levantamento onde Martí sería unha figura moi importante. Irrumpirían dunha maneira máis organizada xa que esta vez levantaríanse en máis de 35 localidades. Martí morreu abatido pola ...

A escravitude nas colonias hispánicas e na Península, unha realidade silenciada

Imagen
  Transporte de escravos a América Non é moi habitual atoparse nos libros de texto con explicacións sobre a trata de escravos e o comercio destes por parte de España, xa que é un tema moi silenciado. Porén, iso non quere dicir que tales feitos non ocorresen, pois hai numerosas probas que demostran a súa existencia. Sábese que en África existiu a escravitude desde a Antigüidade, pois xa nos tempos do Antigo Exipto existían escravos que traballaban para o faraón. Pero a idea de escravitude espallouse sobre todo a partires do século XV, tras o descubrimento de América, xa que era preciso unha abundante man de obra para traballar todas as terras que se ían invadindo no novo continente descuberto. Deste xeito, aumentaría o comercio español grazas ao intercambio de todos eses novos produtos e alimentos que aportaba o territorio americano, o que enriquecería notablemente ao país. Así, a partir dese momento, as potencias europeas (inicialmente España e Portugal), comezaron a tratar o ...