O atentado de Hipercor (19.7.1987)
Euskadi Ta Askatasuna, máis coñecido como ETA, foi posiblemente o grupo terrorista máis trascendental na historia do noso país, autores de numerosas atrocidades que ignoraron por completo os dereitos humanos de centos de persoas ca escusa de cumplir o seu obxetivo. Fundada a finais dos anos 50 por membros das xuventudes do Partido Nacionalista Vasco, mantivo unha ideoloxía basada no extremismo nacionalista defendendo a independencia do territorio de Euskal Herria, que alberga os territorios do País Vasco español, o francés e Navarra, principalmente. Na súa orixe escusaban os seus atentados e asesinatos (centrados en personalidades relacionadas co goberno franquista ou policías) como unha forma de loitar contra a tiranía da ditadura. Este argumento perdeu todo o seu sentido logo da morte do ditador, posto que precisamente foi na época de transición e na democrática onde o grupo realizou a maioría dos seus atentados. Foi nese momento cando o grupo realizou a maior ma...