A bandeira da II República española
A simboloxía é unha parte moi importante dun Estado. Xa sexan bandeiras, himnos ou escudos, conforman a identidade nacional dunha sociedade. Neste caso voume centrar na bandeira de España. Cambiou varias veces durante a súa historia, pero a variación que máis me chamou a atención foi a da Segunda República (1931-1939). Cal é a orixe da terceira franxa morada da “tricolor”? Tras a proclamación da Segunda República española, numerosas cidades comezaron a colgar nas súas prazas esta bandeira que, como se recolle na Constitución de 1931, estaba formada por unha franxa vermella, unha amarela e outra morada. Esta nova cor provén, segundo o xa citado decreto, dos Comuneros de Castela, que protagonizaron un levantamento no século XVI nunha etapa de inestabilidade. Con isto se introduce a Castela na bandeira, como símbolo da poderosa España do pasado. Aínda así, non está confirmado que o morado fora o color emblemático dos Comuneros. O que si se sabe é que o carmesí era unha cor identifi...