Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como franquismo

A expulsión da Compañía de Xesús (1767)

Imagen
A Compañía de Xesús sufriu sonadas disolucións, e posteriormente expulsións, ao longo da súa historia.  A primeira, e quizais a máis coñecida, foi a expulsión co decreto do 3 de abril de 1767, firmado por Carlos III en plena época do despotismo ilustrado.  Detrás da expulsión albiscábanse as teorías regalistas e absolutistas, que non toleraban a existencia dunha orde tan poderosa coma a dos xesuítas, de obediencia papal. Un verdadeiro Estado dentro dun Estado. Entre a noite do 31 de marzo e a mañá do 2 de abril, levouse a cabo unha operación secreta, rápida e eficaz que clausurou todas as casas xesuítas e incomunicou aos seus membros. Aínda que a Compañía de Xesús non atravesaba o seu mellor momento, pois fora acusada de inducir á baga de motíns do ano anterior, ninguén esperaba esa reacción por parte do Goberno. De feito, as múltiples  reunións que realizaran permaneceron en secreto. Tampouco se divulgou o contido da carta pechada que o Conde de Aranda remitiu a tod...

Folga xeral de Vigo, setembro de 1972

Imagen
  Os anos 60, aínda que nun ambiente de mellora económica, estiveron caracterizados pola intensificación da oposición antifranquista e a súa conseguinte demanda do sistema democrático. No 1963 o Goberno creou o Tribunal de Orde Pública tratando de mellorar a súa imaxe ante a opinión pública internacional, diminuíndo a actuación dos Tribunais Militares. Encargábase de xulgar delitos políticos e de opinión contrarios ao réxime. As principais fontes opositoras atopáronse na Universidade, onde apareceron as primeiras manifestacións de protesta no 1956 co obxectivo de conseguir un sindicalismo de estudantes democrático que substituíse ao oficial, na Igrexa Católica, na política e no Movemento Obreiro, onde a partir dos anos 60 as accións de protesta se multiplicaron. Nacen neste contexto e en clandestinidade as Comisións Obreiras e tras varios conflitos laborais destaca a protesta que tivo lugar en Ferrol o 10 de marzo de 1972 (que combinaba reivindicacións proletarias con esixencias de...

10 de marzo: Sucesos de Ferrol

Imagen
  Ao tempo que se liberalizaba e melloraba a situación económica, os anos sesenta estiveron caracterizados pola intensificación da oposición, que demandaba a restauración do sistema democrático. As principais forzas opositoras estiveron na Universidade e, sobre todo, no Movemento Obreiro.  A partir dos anos sesenta as accións de protesta multiplicáronse: folgas para conseguir melloras salariais e redución de xornada laboral, en solidariedade con compañeiros detidos ou sancionados...Neste contexto naceron en 1962, na clandestinidade, unhas comisións obreiras que lograron importantes éxitos electorais dentro das organización sindical oficial; foron o xermolo do sindicato de Comisións Obreiras (CC OO).  Un fito importante de protesta obreira (que combina reivindicacións proletarias con esixencias de democratización) tivo lugar en Ferrol o 10 de marzo de 1972.  O ano 1972 foi un momento da historia de Galicia, no que os traballadores, as traballadoras e a...

La transformación juvenil de la cultura en la España durante el franquismo

Imagen
1939, después de la Guerra Civil, comienza en España la dictadura franquista, un largo y oscuro periodo que se prolongaría hasta 1975.  El régimen de Franco (1939-1975) basaba sus pilares fundamentales en el nacionalismo, el catolicismo, el fascismo y el anti-comunismo. La iglesia católica tuvo un gran peso durante esta etapa, ya que controlaba el sistema educativo y la forma de vida de los ciudadanos estaba basada en el respeto a los principios morales católicos.  En esa época, la represión tanto moral como intelectual fue sufrida especialmente por la juventud, que vio coartadas sus ansias de libertad y se vio abocada a aceptar una forma de vida basada en los estrictos valores cristianos. Cualquier intento de introducir elementos innovadores y que rompiesen con los principios establecidos, se topaba con el muro de piedra del régimen y la censura. Los primeros años del franquismo se caracterizaron por la existencia de una juventud conformista, fruto de la formación férrea en ...

A lei do divorcio de 1932

Imagen
Caricatura da revista satírica conservadora  Gracia y Justicia  (1931)   Ao longo da historia, en España , o Fuero Juzgo (instaurado polos visigodos)  admitía o divorcio só en casos de sodomía do marido, indución á prostitución da muller e o adulterio desta. Posteriormente  As Sete Partidas , redactadas durante  reinado de Afonso X, prohibírono.  A súa orixe ubícase en 1870, cando se consagrou o matrimonio civil obrigatorio. Na Segunda República en 1931 foi cando se soubo por primeira vez do divorcio: o artigo 43 da Constitución recoñeceu o dereito aos cidadáns a poñer fin legal ao sagrado sacramento do matrimonio: “ La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa. Los padres están obligados a alimentar, asistir, educar e instruir a sus hijos. El Est...

Matanza dos avogados de Atocha

Imagen
  O pasado 24 de xaneiro celebrouse o 44 aniversario dun dos moitos acontecementos que marcaron a Historia de España, o asasinato dos avogados de Atocha. O sucedido esa noite de inverno de 1977 foi a última traxedia na recta final contra a loita do franquismo, o preámbulo para recuperar a democracia.    Para entender os feitos acontecidos nesa data, hai que remontarse tempo atrás... A loita comezou o 18 de xullo de 1936, cando o xeral Francisco Franco se levanta en armas contra o goberno lexitimamente constituído. Durante os 40 anos seguintes, sucedéronse en España diversas accións por recuperar a liberdade.  No ano 1956, o Partido Comunista de España (PCE), partido ilegal que encabezaba dende o interior do país as mobilizacións de oposición ao réxime, lanza o que os seus dirixentes denominan a Política de Reconciliación Nacional, un gran cambio estratéxico no que se cambian as formas de combater o franquismo. Xa non era suficiente os enfrontamentos bélicos e a loita...