A lei do divorcio de 1932


Caricatura da revista satírica conservadora Gracia y Justicia (1931)

 

Ao longo da historia, en España, o Fuero Juzgo (instaurado polos visigodos) admitía o divorcio só en casos de sodomía do marido, indución á prostitución da muller e o adulterio desta. Posteriormente As Sete Partidas, redactadas durante  reinado de Afonso X, prohibírono. 

A súa orixe ubícase en 1870, cando se consagrou o matrimonio civil obrigatorio. Na Segunda República en 1931 foi cando se soubo por primeira vez do divorcio: o artigo 43 da Constitución recoñeceu o dereito aos cidadáns a poñer fin legal ao sagrado sacramento do matrimonio: “La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa. Los padres están obligados a alimentar, asistir, educar e instruir a sus hijos. El Estado velará por el cumplimiento de estos deberes y se obliga subsidiariamente a su ejecución. Los padres tienen para con los hijos habidos fuera del matrimonio los mismos deberes que respecto de los nacidos en él. Las leyes civiles regularán la investigación de la paternidad. No podrá consignarse declaración alguna sobre la legitimidad o ilegitimidad de los nacimientos ni sobre el estado civil de los padres, en las actas de inscripción, ni en filiación alguna. El Estado prestará asistencia a los enfermos y ancianos, y protección a la maternidad y a la infancia, haciendo suya la “Declaración de Ginebra” o tabla de los derechos del niño”. 

Un ano despois, en 1932, as Cortes aprobaron a Lei do Divorcio, “Ley del 23 de septiembre de 1931 relativa al divorcio”. Ata ese momento,  o matrimonio rexíase polo Código Civil de 1889, que no seu artigo 52º afirmaba: «El matrimonio se disuelve por la muerte de uno de los cónyuges», polo que a Lei do Divorcio supuña unha importante novidade legal. Ademais, os políticos progresistas da época consideraban que era «unha das leis da República que máis contribuirán á  liberación da muller da tiranía a que estivera sometida na monarquía». 

A lei contaba con 69 artigos, unhas Regras Transitorias e unha Disposición Final. Por primeira vez presentabase en España unha concepción laica, contractual e igualitaria do matrimonio, visto coma un contrato susceptible de disolución e non coma un vínculo indisoluble, coma era entendido pola Igrexa. Sen embargo, esta ansiada lei non durará apenas sete anos como institución, xa que no 1939 Franco, bastión do catolicismo e da nova orde, derrogaríaa: a lei do divorcio implicaba unha novidade e un cambio fundamental porque arrebatarba o poder monopolístico que a Igrexa católica tiña sobre a institución matrimonial, a súa sanción e lexitimación. A ditadura encargouse rapidamente de eliminar todo rastro da lexislación laica republicana para “devolver así ás nosas leis o sentido tradicional que é o católico”. Volveron entón, os artigos discriminatorios do Código Civil que facían referencia ao matrimonio. O decreto franquista establecía a nulidade das sentencias de divorcio, así coma a das unións civís, que concluíu ca destrución dunha importante cantidade de familias que non se axustaban “ao profundo sentido relixioso” do novo orde.

Tras a abolición da Lei do Divorcio e a instauración da indisolubilidade do matrimonio co Fuero dos Españois en 1945, o divorcio non volve facer acto de presencia ata a Constitución de 1978, que nin o consagra nin osa apostar pola súa potestade en indisolubilidade do matrimonio, afirmando “A lei regulará... as causas de separación e disolución dos seus efectos”.

Tres anos despois o divorcio reaparece co ministro da UCD, Francisco Fernández Ordóñez, quen se opón á Igrexa católica e ao sector demócrata-cristián do seu partido e logra a publicación da lei do divorcio no Boletín Oficial do Estado en 1981. Esta lei establece un sistema de divorcio moi conservador que require alegar unha serie de causas para poder divorciarse (alcoholismo, infidelidade, abandono do fogar...), sendo relativamente inútil tendo en conta o escaso número de casos que foron levados a cabo.

Durante o primeiro goberno socialista de Felipe González refórmase a lei de 1981 para axilizar os trámite de separación e divorcio dos matrimonios e, como era inevitable a Igrexa oponse cualificando a lei de “divorcio exprés”.  Finalmente, o divorcio libre non chega ata a reforma de 2005.

 

Paula Lado Romero

2º Bacharelato B

Referencias bibliográficas

·      Aguado, Ana, “Entre lo público y lo privado: sufragio y divorcio en la Segunda República”, Ayer, 60, 2005, áx. 119-125. Dispoñible en: 60-4-ayer60_RepublicaRepublicanas_Ramos (1).pdf

·      Amiguet, Teresa, Divorcio made in Spain: un derecho con 85 años de historia, La Vanguardia, 25.02.1017, dispoñible en: https://www.lavanguardia.com/hemeroteca/20170225/42221370479/divorcio-espana-historia.html

·      Constitución de 1931, Dispoñible en:  http://www.cepc.gob.es/docs/constituciones-espa/1931.pdf?sfvrsn=4

·       Ley española de Divorcio de 1932”, Wikipedia, dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Ley_espa%C3%B1ola_de_Divorcio_de_1932

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931