Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

O "Trágala" e o "Vivan las cadenas"

Imagen
  Na Guerra Civil cantáronse composicións que xa foran populares nos pasados enfrontamentos bélicos. A poesía e o canto popular son algo vivo que continuamente se transforma. Unha canción que é cantada polo pobo nunca está “terminada de todo”, como tampouco o está a historia. A súa estrutura aberta permite as máis variadas mutacións, os más diversos cambios e diferentes “actualizacións”, ininterrompidas polo tema que trata. A canción do Trágala acadou extraordinaria popularidade en España nos dous momentos mais significativos do proceso de loita pola liberdade: o Trienio Liberal (1820-23) e a Guerra Civil (1936-1939). En ambas ocasións foi da man co Himno de Riego.  As dúas cancións expresaban as aspiracións políticas dunha parte importante da sociedade fronte á reacción, encarnada, respectivamente, polos absolutistas e polos franquistas. Este tipo de cánticos non eran produto unicamente da espontaneidade popular, nin tampouco elaboración cultural exclusiva das elites, senón unha espec

O Himno de Riego

Imagen
  Segundo a RAG, un himno é unha composición poética en eloxio a deuses ou heroes, honra a un gran home, á celebración dunha vitoria ou suceso memorable, que expresa orgullo e entusiasmo. O Himno de Riego honraba ao xeneral liberal Rafael de Riego, que deu a súa vida pola Constitución de 1812, sendo executado por orde de Fernando VII, o Rei “Felón”. Este himno pasou a posterioridade non solo pola personalidade de Riego, senón tamén porque foi adoptado como o Himno da Segunda República Española e do exilio. Esta composición tivo a súa orixe no primeiro decenio do século XIX, nun marco de euforia liberal, unha vez derrotadas as forzas invasoras de Napoleón e aprobada a Constitución de 1812 (“La Pepa”), que sería derrogada polo rei Fernando VII anos máis tarde. Segundo algunhas fontes foi composto por un oficial das tropas sublevadas chamado Miranda. Pola contra, outros defendían que o autor fora José Melchor Gomis de Colomer, director da banda do rexemento de Artillería de Barcelona, asc

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

Imagen
Euskadi Ta Askatasuna, máis coñecido como ETA, foi posiblemente o grupo terrorista máis trascendental na historia do noso país, autores de numerosas atrocidades que ignoraron por completo os dereitos humanos de centos de persoas ca escusa de cumplir o seu obxetivo. Fundada a finais dos anos 50 por membros das xuventudes do Partido Nacionalista Vasco, mantivo unha ideoloxía basada no extremismo nacionalista defendendo a independencia do territorio de Euskal Herria, que alberga os territorios do País Vasco español, o francés e Navarra, principalmente.   Na súa orixe escusaban os seus atentados e asesinatos (centrados en personalidades relacionadas co goberno franquista ou policías) como unha forma de loitar contra a tiranía da ditadura. Este argumento perdeu todo o seu sentido logo da morte do ditador, posto que precisamente foi na época de transición e na democrática onde o grupo realizou a maioría dos seus atentados. Foi nese momento cando o grupo realizou a maior masacr

Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) e a primeira carta xeográfica de Galicia

Imagen
Hai que esperar ata o século XIX para que Galicia conte cunha auténtica carta xeométrica que recolla con vigor todas as súas formas tan particulares, o mapa de Fontán. Domigo Fontán Rodriguez é o home que en palabras de Otero Pedrayo “logra por primeira vez un esquema do rostro de Galicia que ata entón era escuro e brumoso”.  Foi un xeógrafo, matemático, profesor e parlamentario liberal galego con gran gusto pola ilustración francesa e o método científico. Este personaxe tivo tanta importancia que foi enterrado en Bonaval, no Panteón de Gallegos Ilustres, xunto con outros personaxes históricos como son o escultor Asorei, a poetisa Rosalía de Castro e o seu marido Manuel Murguía, etc. Fontán naceu en Portela do Conde (Portas, na provincia de Pontevedra) en 1788. A súa xuventude trascorreu durante a invasión napoleónica (1807-1808) e a Guerra da Independencia (1808- 1814), o que fixo que tivera problemas ca xustiza polos seus ideais. No primeiro cuarto do século XIX

Camilo de Dios. O último guerrilleiro de Galiza

Imagen
Introdución: a guerrilla e os maquis  Tras o remate da Guerra Civil española (no ano 1936) que deu paso á ditadura franquista, xorden en todo o territorio do Estado un conxunto de movementos de resistencia ao réxime ditatorial, que reciben o nome de guerrilla antifranquista ou maquis. Por extensión, a palabra maquis fai referencia a este movemento, pero tamén ás persoas que, motivadas por diversas razóns ou posturas políticas, fixeron fronte ao exército golpista. É dicir, un maquis é ​ unha persoa que pertencía á resistencia armada unha vez rematada a guerra civil española.  Os maquis en Galiza  En Galiza, a guerrilla estivo protagonizada por mulleres e homes que optaron por botarse ao monte, dispostos a percorrelos enteiros coa finalidade última de derrocar o réxime e alcanzar de novo a democracia. Organizados en pequenos grupos, moitas veces disfrazados de curas, gardas civís etc. para pasar desapercibidos, levaban a cabo misións na clandestinidade para, como xa fo

Altamira

Imagen
No norte de España, na rexión central de Cantabria, entre os límites dos términos municipais de Santillana del Mar e Reocín, atópase a Cova de Altamira. Esta cova ten o gran luxo de ser o primeiro lugar do  mundo no que se identificou a existencia da arte rupestre do Paleolítico superior. Tamén foi un achado singular pola calidade e a magnífica conservación e frescura dos seus pigmentos.  A cova de Altamira foi descuberta por Modesto Cubillas, un veciño do lugar, alá polo ano 1868, pero non foi ata 1879 cando, acompañado por Marcelino Sanz de Sautuola, naturista e prehistoriador, e pola súa filla María de 8 anos, nunha das súas excursións, descubriron  as pinturas da Cova de Altamira. Pero o seu valor non foi recoñecido ata o descubrimento doutras covas en Europa, principalmente en Francia (Le Mouthe, Combarelles e Font de Gaume), debido a que os historiadores da época foron un pouco incrédulos co descubrimento destas pinturas e datábanas noutras fechas. Bisontes, cabalos, cervos, mans