Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Escravitude

A escravitude nas colonias hispánicas e na Península, unha realidade silenciada

Imagen
  Transporte de escravos a América Non é moi habitual atoparse nos libros de texto con explicacións sobre a trata de escravos e o comercio destes por parte de España, xa que é un tema moi silenciado. Porén, iso non quere dicir que tales feitos non ocorresen, pois hai numerosas probas que demostran a súa existencia. Sábese que en África existiu a escravitude desde a Antigüidade, pois xa nos tempos do Antigo Exipto existían escravos que traballaban para o faraón. Pero a idea de escravitude espallouse sobre todo a partires do século XV, tras o descubrimento de América, xa que era preciso unha abundante man de obra para traballar todas as terras que se ían invadindo no novo continente descuberto. Deste xeito, aumentaría o comercio español grazas ao intercambio de todos eses novos produtos e alimentos que aportaba o territorio americano, o que enriquecería notablemente ao país. Así, a partir dese momento, as potencias europeas (inicialmente España e Portugal), comezaron a tratar o ...