Basilio Álvarez, "o cura de Beiro" o "a sotana rebelde"
Nace en 1877 en Ourense dentro dunha familia numerosa. O seu pai era ferreiro, oficio ao que se dedicaron os seus irmáns moi cedo, pero Basilio non tiña dotes para este oficio polo que o seu pai decidiu que estudara.
Cando remata bacharelato, os seus pais non podían pagar os seus estudos universitarios polo que o envían ao Seminario Conciliar de San Fernando. Estuda Teoloxía e fai o servizo militar na Coruña. Durante a súa estancia no cuartel viviu as desastrosas consecuencias da Guerra de Cuba (1898), considerando que era resultado da incapacidade dos políticos monárquicos españois.
En 1902 ordénase sacerdote, combina as tarefas de párroco coa súa actividade xornalista, atacando aos obreiros organizados fora do Círculo Católico e ao clero ourensán. Por estas datas coñece a Lamas Carvajal que lle ofrece colaborar no seu xornal El eco de Orense, axudándolle a coñecer os problemas dos campesiños galegos.
En 1904 publica El cura rural onde defendía o clero rural, e que o levou ás Cortes Constituíntes da República. En 1907 é trasladado a Madrid, por non someterse ao celibato, onde evoluciona social e politicamente, illándose da ideoloxía da Igrexa. En 1908 dirixe a revista Galicia que loitaba pola rendición foral galega. En 1910 dirixe El Debatemoi criticada polos católicos e eloxiada polos xornalistas.
Nesta primeira etapa madrileña escribe varias obras, inicia a súa traxectoria de axitador agrario e coñece outro problema agrario galego: a emigración, creando xunto outros intelectuais a Liga Acción Gallega tendo, entre outros obxectivos, a extirpación do caciquismo.
En 1910, militando no partido político Liga Agrario-Redencionista, radicalízase e achégase ao socialismo. Despois do fracaso e disolución deste partido, comprende que para loitar polo campesiño galego debe estar en Galicia, así en 1912 volta como párroco de Santa Eulalia de Beiro, prepara unha nova campaña que se inicia co Manifiesto de Orense, onde denuncia a crise dos galegos a todos os niveles, dá mitins multitudinarios (cantos de guerra), manifestando o seu rechazo polo sistema político da Restauración, os foros e o caciquismo estendendo a axitación agraria.
En 1913 viaxa a Cuba para recadar fondos para a causa dos emigrantes galegos pero non tivo éxito. En 1915 únese aos sectores republicanos e socialistas. En 1914 é acusado de non axustarse ás normas pontificias e remata coa súa suspensión. Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) vólvese máis moderado e se lle levanta a suspensión en 1926. É nomeado fillo predilecto de Ourense en 1928 e ingresa no Partido Radical, nomeado deputado ás Cortes Constituíntes (1931-33).
Cando estala a guerra civil atópase en Madrid. En Ourense a sublevación triunfa e a súa memoria é perseguida. Basilio teme pola súa vida e exíliase en Bos Aires onde segue a colaborar coa causa republicana. Durante o seu exilio sobrevive grazas á axuda de emigrantes galegos e morre finalmente en Tampa en 1943.
Como anécdota contarei que foi o cura da parroquia da miña familia. Todos os veciños de Beiro están orgullosos de que fóra o seu párroco e teñen na súa Igrexa varios monumentos na súa honra.
Laura Alonso Martínez
Comentarios
Publicar un comentario