“Trágala” e “Vivan las caenas”

 


Durante a restauración de Fernando VII (1814-1833) surxiron dúas posicións contrapostas no que a ideoloxía respecta; absolutistas e liberais. Así xorden o "Trágala" como resposta dos liberais ao grito de "Que vivan las caenas!" cos que os absolutistas recibían con boa fe a Fernando VII, o "rei felón" do momento. 

Na Guerra Civil, eran xa cantadas composicións populares, concretamente durante os enfrontamentos bélicos, xa que “unha canción cantada polo pobo, así como a historia, nunca desaparece”.

 Respecto ao "trágala", é un sustantivo masculino con dous significados; feito polo que se obliga a alguén a aceptar algo a forza ou, sendo a definición axeitada ao contexto, canción patriota polo seu contido dos liberais españois do século XIX, concretamente durante o pronunciamento de Riego para proclamar de novo a Constitución de 1812, tema central do Trágala, o segundo por orden de importancia sería o ataque aos pacistas; quenes acomodan o seu comportamento ao que creen máis convinte e menos arriscado para o seu proveito e tranquilidade e o terceiro elemento básico da súa letra é a incitación á acción. Non se trata tanto da defensa da Constitución coma de anular aos seus opoñentes; "quen non acepte a Constitución, que sala de España, pois aquí non ten cabida". O problema dese chamamento á acción é que remata en violencia, acorde ao ambiente da Guerra Civil do momento. Algúns dos versos: 

Serenos y alegres

valientes y osados

cantemos soldados

el himno a la lid.

De nuestros acentos

el orbe se admire

y en nosotros mire

los hijos del Cid.

(Coro)

Soldados la patria

nos llama a la lid

juremos por ella

vencer o morir.

 Este popular "Himno de Riego" durante a Guerra Civil Española simbolizou o espíritu revolucionario e liberal e comezouse a cantar en Cádiz, onde nacera a Constitución. Dise tamén que os líderes liberales cantáronlla a Fernando VII cando tivo que recuar as súas palabras e "tragar o seu absolutismo".

 Así pois, co paso do tempo e a popularidade que a canción foi gañando foi a súa vez adquirindo diferentes letras e interpretacións, así como arma empregada para a defensa ideolóxica de quen a empregaba. 

Por outra banda, o ¡Vivan las cadenas! coñécese coma un berro dado polo pobo español no ano 1823 trala restauración do absolutismo no reinado de Fernando VII. Este feito marcaba a fin do Trienio Liberal que iniciara Riego co seu golpe de estado. Como xa dixemos, nese momento chocaban as posturas contrapostas de liberais e absolutistas, sendo os primeiros o máis ilustrado da clase media e parte do exército e os segundos o pobo. Así, os soldados de Napoeón Bonaparte, odiados neses tempos, eran ven recibidos polos españois. 

Este berro deuse por primeira vez en Sevilla. O movemento contrarrevolucionario desta cidade atopara imitadores en case todos os pobos da provincia en xuño de 1823. Noutras ocasións, xuntábase o berro con outros de contido similar: Muera la libertad y vivan las cadenas, Viva el rey absoluto y vivan las cadenas, o Vivan las cadenas y mueran los negros y Vivan las cadenas y muera la nación. Negros era o nome co que os absolutistas se referían aos liberais españois e nación era unha palabra á que os liberais pretendían dar contido político. Desde entón o berro foi maioritariamente empregado polos enemigos políticos dos absolutistas de forma pexorativa.

Paula Lado Romero

2º Bacharelato B

 

 

Referencias bibliográficas

Alfeirán Rodríguez, Xosé, Ana Brea Pedreira, Ana Romero Masiá (2016), Historia de España, A Coruña, Ed. Baía Edicións.

Díaz Viana, Luis (1981), “La canciones populares de nuestra historia (Absolutistas y liberales)”, Revista de Folklore, 4. Dispoñible en https://funjdiaz.net/folklore/07ficha.php?id=45

La Parra, Emilio, “La canción del Trágala. Cultura y política popular en el inicio de la revolución liberal en España”. Dispoñible en https://crec-paris3.fr/wp-content/uploads/2011/07/actes-03-La-Parra.pdf

“Trágala” (2015). Dispoñible en https://www.fundeu.es/consulta/tragala/

“¡Vivan las caenas!”. Dispoñible en https://es.wikipedia.org/wiki/%C2%A1Vivan_las_cadenas!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931