Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Atapuerca

Imagen
Atapuerca é unha serra situada ao leste de Burgos. Nela decubríronse os restos fósiles dos humanos máis antigos da historia de España e de Europa e descubriuse a existencia do  Homo antecessor .  Este descubremento comezou coa construcción duhna vía de ferrocarril por enriba desta serra o que fixo que se derrubaran montañas o que deixou ao descuberto uns impresionantes xacementos paleontolóxicos.  A vía fechou en 1911 e as primeiras pescudas arqueolóxicas leváronse acabo nos anos sesenta por Francisco Jordá, pero a época de maior importancia e repercusión foron os anos 90, con Emiliano Aguirre á cabeza.  Durante esta década atopáronse ao redor de 6.500 fósiles en “La Sima de los Huesos” que como mínimo pertencen a 28 individuos diferentes, o que a convertiría na maior agrupación de fósiles humanos do mundo. Entre estes restos destacan o descubrimento dun cráneo case completo (chamado Migelón) e un fósil duha mandíbula de hai 1,2 millóns de anos. Foi gran un de

O ascenso de Franco ao poder

Imagen
A Guerra Civil española comezou o día 18 de xullo de 1936 debido á sublevación dos militares, que se sentían ameazados ante os supostos extremismos de esquerdas do Goberno da República. A sublevación militar tivo lugar en Melilla o 17 de xullo de 1936, día en que as tropas da Lexión e dos Regulares se fixeron rapidamente co poder en Marrocos. A mañá do 18 de xullo, Franco, que se atopaba en Canarias naquel momento, felicitou aos sublevados, autonomeouse xefe das tropas de África e decretou o estado de guerra en Canarias e Marrocos. Por suposto, asegurouse de emitir a noticia do alzamento militar aos españois para que ninguén se quedase sen saber o que estaba a acontecer baixo o seu mando. Entre o 18 e o 19 de xullo, tras recibir a gran noticia, os militares conxurados tamén se alzaron en distintas cidades da Península intentando facerse co poder, imitando o que fixeran o día anterior os militares de Melilla. Nalgúns casos triunfaron, mais noutros as forzas republicanas conseguiron salv

No bicentenario de Concepción Arenal (1820-2020)

Imagen
  Busto de CA en Rúa da Trinidade. Foto Santi Alvite https://www.usc.gal/gl/concepcion-arenal/novas/concepcion-arenal-hoxe Neste 2020 conmemórase o nacemento de Concepción Arenal (1820-2020), muller adiantada ao seu tempo. Dentro do programa do bicentenario, a Universidade de Santiago de Compostela presenta no Colexio de Fonseca a exposición Concepción Arenal. A conciencia da razón . Nada en Ferrol, Concepción Arenal foi un personaxe de zona internacional grazas a seu activismo social, intelectual, político. As súas preocupacións pasaron polo dereito, os problemas sociais do seu tempo (a cuestión obreira, a infancia, as prisións…), a escravitude, a guerra. Prestou atención especial á situación da muller. Dela escribiu Emilia Pardo Bazán: “Se o espírito de dona Concepción Arenal estivese pechado na natureza dun corpo masculino, aos corenta anos, sería dona Concepción catedrática, deputada varias veces, directora xeral polo menos, académica de varias academias e personaxe moi influínte e