Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Creación do Ministerio de Trabajo

Imagen
A “cuestión social”, segundo a denominación do século XIX, está relacionada coas reivindicacións das clases populares, das clases traballadoras, tanto no relacionado coas súas condicións de vida e de traballo como coas súas aspiracións a democratizar a vida política. Trátase dun proceso longo, prolongado no tempo, no que son etapas a creación da Comisión de Reformas Sociais (1883), en plena Restauración borbónica, do Instituto Nacional de Previsión (1908), en tempos de Afonso XII, o recoñecemento do dereito de folga (1909), por exemplo. Uns anos despois, en 1920, naceu o Ministerio de Traballo (1920). O artigo " En el centenario del Ministerio de Trabajo ", de José Babiano e Javier Tébar, fai referencias a estas cuestións e relacíonaas coa situación actual.

1625 e a rendición de Breda

Imagen
Cando estudamos o século XVIII, nos tempos de Filipe IV (1621-1665), vimos un dos más famosos cadros de Velázquez: La rendición de Breda , tamén coñecido como Las lanzas. Pintado polo sevillano en 1635, conmemoraba un acontecemento ocorrido dez anos antes: o asedio e rendición da cidade holandesa. Hai uns días apareceu una prensa un artigo de Vicente G. Olaya no que se encadraba La rendición de Breda no ano 1625, cando rematou o asedio á cidade: “ 1625, aquel maravilloso año para los Austrias ”. Para saber más desta obra, podes consultar a web do Museo del Prado, onde poderás ver un vídeo (" Otros ojos para ver El Prado "), que utilizamos na clase, no que se fala de Las lanzas como un exemplo de propaganda política na súa época.

Mauthausen

Imagen
A foto que encabeza esta entrada data do 5 de abril de 1945. Hoxe cúmprense, xa que logo, 75 anos da liberación de Mauthausen , campo de concentración nazi no que estiveron internados moitos republicanos españois (a pancarta da entrada ao campo é moi significativa). Derrotados na Guerra Civil, moitos morreron. Todos (e todas, porque houbo mulleres noutros campos) foron rexeitados pola ditadura franquista, que non soamente se desentendeu deles, senón que facilitou o seu exterminio. Así queda de manifesto no libro Los últimos españoles de Mauthausen (Barcelona, Ediciones B, 2015), do xornalista Carlos Hernández, que ven de publicar un interesante artigo sobre esta cuestión ( “ Las pruebas de la responsabilidad franquista en la deportación de españoles a campos nazis, a 75 años de su liberación ” ) . É tamén autor, con Concha Esquinas, do documental Los últimos españoles de Mathausen y otros campos de concentración (2020) , que contén testemuñas de moitas persoas que estiveron nos