Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) e a primeira carta xeográfica de Galicia
Hai que esperar ata o século XIX para que Galicia conte cunha auténtica carta xeométrica que recolla con vigor todas as súas formas tan particulares, o mapa de Fontán. Domigo Fontán Rodriguez é o home que en palabras de Otero Pedrayo “logra por primeira vez un esquema do rostro de Galicia que ata entón era escuro e brumoso”. Foi un xeógrafo, matemático, profesor e parlamentario liberal galego con gran gusto pola ilustración francesa e o método científico. Este personaxe tivo tanta importancia que foi enterrado en Bonaval, no Panteón de Gallegos Ilustres, xunto con outros personaxes históricos como son o escultor Asorei, a poetisa Rosalía de Castro e o seu marido Manuel Murguía, etc. Fontán naceu en Portela do Conde (Portas, na provincia de Pontevedra) en 1788. A súa xuventude trascorreu durante a invasión napoleónica (1807-1808) e a Guerra da Independencia (1808- 1814), o que fixo que tivera problemas ca xustiza polos seus ideais. No primeiro cuarto do século...