A lei do divorcio de 1932
Caricatura da revista satírica conservadora Gracia y Justicia (1931) Ao longo da historia, en España , o Fuero Juzgo (instaurado polos visigodos) admitía o divorcio só en casos de sodomía do marido, indución á prostitución da muller e o adulterio desta. Posteriormente As Sete Partidas , redactadas durante reinado de Afonso X, prohibírono. A súa orixe ubícase en 1870, cando se consagrou o matrimonio civil obrigatorio. Na Segunda República en 1931 foi cando se soubo por primeira vez do divorcio: o artigo 43 da Constitución recoñeceu o dereito aos cidadáns a poñer fin legal ao sagrado sacramento do matrimonio: “ La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa. Los padres están obligados a alimentar, asistir, educar e instruir a sus hijos. El Est...