Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Arturo Fernández Fersa

María Pita, guerreira galega

Imagen
Arturo Fernández Fersa. Concello de A Coruña No contexto da guerra anglo-española (1585-1604), e como represalia ao intento de invasión española de Inglaterra a través da célebre Gran Armada, a frota formada por Felipe II en 1588, a raíña protestante mandou unha frota capitaneada polo corsario Francis Drake para atacar e saquear cidades clave do imperio. Unha delas foi A Coruña, onde a valente defensa dos seus habitantes quedou inmortalizada grazas á figura de María Pita. María Pita, realmente chamada Mayor Fernández de Cámara Pita, naceu arredor do 1564 na localidade coruñesa de Santiago de Sigrás (preto de Cambre) no seo dunha familia pertencente a unha clase popular. Pouco se sabe de detalles biográficos que non teñan que ver coa famosa loita ou cos catro matrimonios dos que temos constancia. O primeiro foi cun carniceiro que a deixou cunha filla e numerosas terras, que aproveitou para vivir de forma máis despreocupada. Pero, sen dúbida, polo que a galega foi transformada...