Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como arte rupestre

Altamira

Imagen
No norte de España, na rexión central de Cantabria, entre os límites dos términos municipais de Santillana del Mar e Reocín, atópase a Cova de Altamira. Esta cova ten o gran luxo de ser o primeiro lugar do  mundo no que se identificou a existencia da arte rupestre do Paleolítico superior. Tamén foi un achado singular pola calidade e a magnífica conservación e frescura dos seus pigmentos.  A cova de Altamira foi descuberta por Modesto Cubillas, un veciño do lugar, alá polo ano 1868, pero non foi ata 1879 cando, acompañado por Marcelino Sanz de Sautuola, naturista e prehistoriador, e pola súa filla María de 8 anos, nunha das súas excursións, descubriron  as pinturas da Cova de Altamira. Pero o seu valor non foi recoñecido ata o descubrimento doutras covas en Europa, principalmente en Francia (Le Mouthe, Combarelles e Font de Gaume), debido a que os historiadores da época foron un pouco incrédulos co descubrimento destas pinturas e datábanas noutras fechas. Bisonte...