Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Século de Ouro

El buscón de Quevedo en banda deseñada

Imagen
Aínda que de forma colateral, nas clases dos últimos días falamos do Século de Ouro, sobre todo, dende o punto de vista pictórico. O esplendor cultural da época tamén o foi da literatura. Francisco de Quevedo (1580-1645), un dos principais exponentes dese Século de Ouro, é autor dunha obra clave dentro da literatura picaresca: La vida del Buscón (Historia de la vida del Buscón, llamado don Pablos; ejemplo de vagamundos y espejo de tacaños), que é unha boa fonte para coñecer a sociedade da época. O debuxante Juan Guarnidó, autor da serie de banda deseñada de Blacksad , da man do guionista Alain Ayroles, ven de publicar un volumen sobre o protagonista de La vida del Buscón , don Pablos de Segovia: El Buscón en las Indias .