Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Franco

O ascenso de Franco ao poder

Imagen
A Guerra Civil española comezou o día 18 de xullo de 1936 debido á sublevación dos militares, que se sentían ameazados ante os supostos extremismos de esquerdas do Goberno da República. A sublevación militar tivo lugar en Melilla o 17 de xullo de 1936, día en que as tropas da Lexión e dos Regulares se fixeron rapidamente co poder en Marrocos. A mañá do 18 de xullo, Franco, que se atopaba en Canarias naquel momento, felicitou aos sublevados, autonomeouse xefe das tropas de África e decretou o estado de guerra en Canarias e Marrocos. Por suposto, asegurouse de emitir a noticia do alzamento militar aos españois para que ninguén se quedase sen saber o que estaba a acontecer baixo o seu mando. Entre o 18 e o 19 de xullo, tras recibir a gran noticia, os militares conxurados tamén se alzaron en distintas cidades da Península intentando facerse co poder, imitando o que fixeran o día anterior os militares de Melilla. Nalgúns casos triunfaron, mais noutros as forzas republicanas conseguiron salv...

Cuelgamuros

Imagen
Páxina do diario do soldado republicano Casimiro Jabonero, preso no campo de concentración de Lavacolla Con motivo da exhumación de Francisco Franco, o xornal El País publica un interesante material interactivo con abundante información sobre oVal dos Caídos . Na súa construción traballaron varios miles de prisioneiros republicanos. Outros moitos miles estiveron cautivos nos máis de cen campos de concentración que existiron en España ata 1848, cando cerrou o de Miranda de Ebro.Recentemente, Faro de Vigo publicou un especial sobre os campos que existiron en Galicia: "Las “11 puertas del infierno” que Francoinstaló en Galicia" . Moi cerca de O Milladoiro, en Lavacolla, existiu un deses campos de concentración. Despois de malvivir nunhas barracas de madeira, foron trasladados a unha antiga curtidoría. O seu labor consistiu en ampliar as pistas do aerodromo de Lavacolla para convertelo nun aeroporto, As súas condicións de vida quedaron reflectidas no infor...