Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Cuelgamuros

Imagen
Páxina do diario do soldado republicano Casimiro Jabonero, preso no campo de concentración de Lavacolla Con motivo da exhumación de Francisco Franco, o xornal El País publica un interesante material interactivo con abundante información sobre oVal dos Caídos . Na súa construción traballaron varios miles de prisioneiros republicanos. Outros moitos miles estiveron cautivos nos máis de cen campos de concentración que existiron en España ata 1848, cando cerrou o de Miranda de Ebro.Recentemente, Faro de Vigo publicou un especial sobre os campos que existiron en Galicia: "Las “11 puertas del infierno” que Francoinstaló en Galicia" . Moi cerca de O Milladoiro, en Lavacolla, existiu un deses campos de concentración. Despois de malvivir nunhas barracas de madeira, foron trasladados a unha antiga curtidoría. O seu labor consistiu en ampliar as pistas do aerodromo de Lavacolla para convertelo nun aeroporto, As súas condicións de vida quedaron reflectidas no infor

Guiri

Imagen
A palabra “guiri” úsase actualmente con relativa frecuencia, principalmente debido á constante e crecente cantidade de turistas que visitan España. A RAE recoñece esta palabra e lle dá varias acepcións, entre elas a que nos interesa e a terceira: “Turista estranxeiro”. É a que máis usamos practicamente todos e que xa temos asumida. Ata fai pouco eu asumín erroneamente, dada a grafía da palabra, que esta proviña do inglés. Probablemente, pensei, provirá dalgunha expresión dos turistas de fala inglesa que nos adaptamos ou quizais incluso sexa algunha palabra preexistente da nosa lingua que tratamos de pronunciar coa fonética inglesa a modo de broma... Equivoqueime e quedei bastante sorprendido coa realidade. Todo remóntase á primeira metade do século XIX, cando España estaba sumida nas guerras carlistas. No ano 1833 morreu o rei Fernando VII, cuxa descendencia foron dúas nenas, pero a lei prohibía que o seu sucesor non fose barón. Fernando, para desgusto do seu irmán Carlos, decidiu

A arte como fonte da Historia

Imagen
Un cadro, unha peza de música, unha escultura, unha novela… pode ser fonte de coñecemento da Historia. Sería máis axeitado dicir que “é”, non que “pode ser” unha fonte histórica. A arte sempre conta da época que reflicte e, ao mesmo tempo, da época na que se desenvolve. Francisco de Goya e Benito Pérez Galdós son dous exemplos que demostran estas afirmacións. A obra de Francisco de Goya (Fuendetodos, Zaragoza, 30.3.1746 - Burdeos (Francia), 16.4.1828), pintor aragonés cumio da pintura universal, é moi extensa. As súas técnicas foron tamén variadas. Á categoría do augaforte pertence a serie Los desastres de la guerra .  Debuxo (non gravado) Grupo de mujeres huyendo ante soldados , relacionado con Los desastres de la guerra (Ca. 1812. Museo del Prado) O pintor aragonés retratou á Guerra da Independencia (1808-1814) en cadros como Los fusilamientos del 3 de maio ou La carga de los mamelucos . Pero tamén na serie da que falamos, 82 gravados que dan fe da brutalidade dun