Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Manuel Alonso Martínez

Manuel Alonso Martínez

Imagen
Nace en Burgos o 1 de xaneiro de 1827, nunha familia de clase media e críase nun ambiente culto.   Comeza os estudos elementais na súa cidade natal. En 1841, trasládase a Madrid para estudar Dereito, onde decide estudar tamén a carreira, recén creada, de Filosofía e Letras, porque cre que un xurista debe saber expresar por escrito os seus pensamentos.   En 1854, decide regresar a Burgos e a petición dos seus paisanos preséntase ás eleccións de outubro de 1854; recibe os votos de todos os partidos políticos da provincia e inicia aquí a súa andadura política como deputado a Cortes por Burgos, baixo o goberno de Baldomero Espartero, durante o Bienio Progresista (1854-1856), durante o reinado de Isabel II. Se ben é certo que non ten compromiso político, simpatiza coas ideas progresistas.   Na primeira lexislatura no Congreso (1855) séntase con políticos que chegan ao Parlamento por primeira vez, entre outros Cánovas e Sagasta, cos que compartirá tribuna o ...