Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Henry Kamen: La invención de España

Imagen
El País , 25.2.2020 Ao longo do curso falamos do uso público da Historia, da dificultade de definir que é unha nación, dos nacionalismos, etc. O hispanista británico Henry Kamen ven de publicar o libro La invención de España no que analiza os mitos sobre os que se constrúe a identidade nacional española: Numancia, Covadonga, Reconquista, Cid Campeador… Kamen afirma que todos os estados tenden a construirse sobre mitos e denuncia o uso político que se fai da Historia.

María Pita, guerreira galega

Imagen
Arturo Fernández Fersa. Concello de A Coruña No contexto da guerra anglo-española (1585-1604), e como represalia ao intento de invasión española de Inglaterra a través da célebre Gran Armada, a frota formada por Felipe II en 1588, a raíña protestante mandou unha frota capitaneada polo corsario Francis Drake para atacar e saquear cidades clave do imperio. Unha delas foi A Coruña, onde a valente defensa dos seus habitantes quedou inmortalizada grazas á figura de María Pita. María Pita, realmente chamada Mayor Fernández de Cámara Pita, naceu arredor do 1564 na localidade coruñesa de Santiago de Sigrás (preto de Cambre) no seo dunha familia pertencente a unha clase popular. Pouco se sabe de detalles biográficos que non teñan que ver coa famosa loita ou cos catro matrimonios dos que temos constancia. O primeiro foi cun carniceiro que a deixou cunha filla e numerosas terras, que aproveitou para vivir de forma máis despreocupada. Pero, sen dúbida, polo que a galega foi transformada

A bandeira da II República española

Imagen
A simboloxía é unha parte moi importante dun Estado. Xa sexan bandeiras, himnos ou escudos, conforman a identidade nacional dunha sociedade. Neste caso voume centrar na bandeira de España. Cambiou varias veces durante a súa historia, pero a variación que máis me chamou a atención foi a da Segunda República (1931-1939). Cal é a orixe da terceira franxa morada da “tricolor”? Tras a proclamación da Segunda República española, numerosas cidades comezaron a colgar nas súas prazas esta bandeira que, como se recolle na Constitución de 1931, estaba formada por unha franxa vermella, unha amarela e outra morada. Esta nova cor provén, segundo o xa citado decreto, dos Comuneros de Castela, que protagonizaron un levantamento no século XVI nunha etapa de inestabilidade. Con isto se introduce a Castela na bandeira, como símbolo da poderosa España do pasado. Aínda así, non está confirmado que o morado fora o color emblemático dos Comuneros. O que si se sabe é que o carmesí era unha cor identifi