Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

27 de setembro (1975-2019)

Imagen
  A ditadura franquista nacer matando e desapareceu matando. O 27 de setembro de 1975, poucos días antes da súa morte, fixéronse efectivas as cinco derradeiras penas de morte asinadas polo xeneral Franco. O 27 de setembro de 2019 estrenouse nos cines españois dous filmes relacionados coa ditadura franquista. O primeiro deles, Mientrasdure la guerra (Alejandro Amenábar, 2019),   narra a posición de Miguel de Unamuno ante o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.  A segunda película, La trinchera infinita (Jon Garaño, Aitor Arregi e José María Goenaga, 2019) , está relacionada co vida das personas que fuxindo da represión, viviron agochadas nas súas viviendas durante décadas. La trinchera infinita conta o caso real de Manuel Cortés, un republicano que estivo agochado na súa casa durante trinta anos. A súa vida quedou plasmada no libro Escondido , do hispanista Ronald Fraser.

No inicio do curso 2019-2020

Benvida, benvido a este blog sobre a materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. O pasado contemporáneo é unha ferramenta de traballo que pretende completar coñecementos que nacen do currículo. Podes participar comentando as noticias que suba o profesor ou ben achegando as que a ti che parezan de interese.