Matanza dos avogados de Atocha
O pasado 24 de xaneiro celebrouse o 44 aniversario dun dos moitos acontecementos que marcaron a Historia de España, o asasinato dos avogados de Atocha. O sucedido esa noite de inverno de 1977 foi a última traxedia na recta final contra a loita do franquismo, o preámbulo para recuperar a democracia. Para entender os feitos acontecidos nesa data, hai que remontarse tempo atrás... A loita comezou o 18 de xullo de 1936, cando o xeral Francisco Franco se levanta en armas contra o goberno lexitimamente constituído. Durante os 40 anos seguintes, sucedéronse en España diversas accións por recuperar a liberdade. No ano 1956, o Partido Comunista de España (PCE), partido ilegal que encabezaba dende o interior do país as mobilizacións de oposición ao réxime, lanza o que os seus dirixentes denominan a Política de Reconciliación Nacional, un gran cambio estratéxico no que se cambian as formas de combater o franquismo. Xa non era suficiente os enfrontamentos bélicos e a loita...