A arte como fonte da Historia
Un cadro, unha peza de música, unha escultura, unha novela… pode ser fonte de coñecemento da Historia. Sería máis axeitado dicir que “é”, non que “pode ser” unha fonte histórica. A arte sempre conta da época que reflicte e, ao mesmo tempo, da época na que se desenvolve. Francisco de Goya e Benito Pérez Galdós son dous exemplos que demostran estas afirmacións. A obra de Francisco de Goya (Fuendetodos, Zaragoza, 30.3.1746 - Burdeos (Francia), 16.4.1828), pintor aragonés cumio da pintura universal, é moi extensa. As súas técnicas foron tamén variadas. Á categoría do augaforte pertence a serie Los desastres de la guerra . Debuxo (non gravado) Grupo de mujeres huyendo ante soldados , relacionado con Los desastres de la guerra (Ca. 1812. Museo del Prado) O pintor aragonés retratou á Guerra da Independencia (1808-1814) en cadros como Los fusilamientos del 3 de maio ou La carga de los mamelucos . Pero tamén na serie da que falamos, 82 gravados q...