Basilio Álvarez, "o cura de Beiro" o "a sotana rebelde"

Nace en 1877 en Ourense dentro dunha familia numerosa. O seu pai era ferreiro, oficio ao que se dedicaron os seus irmáns moi cedo, pero Basilio non tiña dotes para este oficio polo que o seu pai decidiu que estudara. Cando remata bacharelato, os seus pais non podían pagar os seus estudos universitarios polo que o envían ao Seminario Conciliar de San Fernando. Estuda Teoloxía e fai o servizo militar na Coruña. Durante a súa estancia no cuartel viviu as desastrosas consecuencias da Guerra de Cuba (1898), considerando que era resultado da incapacidade dos políticos monárquicos españois. En 1902 ordénase sacerdote, combina as tarefas de párroco coa súa actividade xornalista, atacando aos obreiros organizados fora do Círculo Católico e ao clero ourensán. Por estas datas coñece a Lamas Carvajal que lle ofrece colaborar no seu xornal El eco de Orense , axudándolle a coñecer os problemas dos campesiños galegos. En 1904 publica El cura rural ...