Entradas

O Proceso de Burgos

Imagen
En decembro de 1970 ten lugar o chamado Proceso de Burgos, no que dezaseis cidadáns vascos, entre eles tres mulleres e dous clérigos, son xulgados polo asasinato de Xosé Pardines Arcay, membro da Garda Civil que interceptaba a dous membros da ETA nun control de estrada, o asasinato de Melitón Manzanas, inspector xefe da Brigada Político-Social de Guipúscoa, na súa casa diante da súa muller e a súa filla, e tamén o asasinato  do taxista Fermín Monasterio Pérez cando un dos imputados lle disparou mentres fuxía dunha detención da Garda Civil.  O asasinato de Manzanas supuxo un antes e un despois na historia da banda terrorista xa que foi o primeiro atentado planificado pola ETA. Xulgados por un Tribunal Militar, o proceso comenza o 3 de decembro, pero a presenza de dous clérigos entre os acusados fixo que a Igrexa tomase parte no asunto e mentres que o goberno quería que o xuízo fose militar e a porta pechada, aquela pretendía que fose civil e público. ETA quería que así fos...

O movemento 15-M

Imagen
O movemento 15-M foi un movemento revolucionario surxido tras as manifestacións do 15 de maio de 2011 en distintas prazas de España, na que diversos grupos de persoas acamparon protestando por unha democracia axena do bipartidismo do PSOE-PP e do dominio dos bancos e das multinacionais. Estas protestas déronse nun contexto delicado debido ó colapso da burbulla inmobiliaria de EEUU en 2008 que derivou nunha crise de liquidez, alimentaria e económica a escala global. España obviamente viuse afectada e as medidas tomadas polos gobernos durante eses anos non lograron facer fronte a esta crise.  Nesta situación apareceu a figura de Stéphane Hessel, pensador, escritor e diplomático quen anteriormente contribuira na creación da declaración dos dereitos humanos en 1948. En 2010 publica  Indignaos , un ensayo no que incita á xuventude a indignarse e a rebelarse en contra dos poderes do capitalismo. Esta obra converteuse nun referente para a esquerda adoptandose a súa ideoloxía e manife...

Robert Capa, lendario fotógrafo de guerra

Imagen
Endre Ernő Friedmann, o fotógrafo de guerra que se esconde baixo o pseudónimo Robert Capa, naceu en 1913 en Budapest no seo dunha familia xudía que gozaba dunha boa posición económica. Porén, esa boa posición viuse interrompida pola depresión económica de 1929, coñecida como o crac do 29. Ese mesmo ano a situación política empeora en Hungría debido á imposición dun goberno fascista. En 1930, Endre é capturado e ferido pola policía mentres participaba nunha protesta contra o réxime. O día seguinte abandona o seu país e marcha a Berlín.  Tras o seu paso por Alemaña, foxe dos nazis e trasládase a París, onde coñece ao fotógrafo David Seymour (máis coñecido como Chim), quen lle consegue traballo como reporteiro gráfico na revista  Regards  para cubrir as mobilizacións da Fronte Popular. En París coñece tamén á fotoperiodista alemá Gerta Pohorylle, coñecida polo seu pseudónimo Gerda Taro, que tamén trataba de escapar do nazismo e que acab...

O conflito entre Marrocos e a Fronte Polisario

Imagen
O conflito do Sáhara Occidental é unha das loitas máis coñecidas do continente africano e actualmente vive o seu peor momento.  A primeira vez que España tivo presenza en territorio saharauí foi o 4 de novembro de 1884, na península de Río de Oro, e o 26 de decembro dese mesmo ano deu comezo a súa colonización sobre o Sáhara Occidental. Así llo comunicaba ás demais potencias coloniais.  Máis adiante, en 1885, as potencias europeas reparten África na Conferencia de Berlín e aceptan a reclamación española do seu dereito histórico sobre o territorio occidental saharauí. Así, España quedaba co Sáhara, Guinea, e algunhas zonas de Marrocos. O interese de España pola rexión desértica é evidente se temos en conta a súa proximidade a Canarias e a riqueza pesqueira nas súas costas.  O 27 de xuño de 1900, Francia e España establecen a delimitación das fronteiras do actual Sáhara Occidental, acordando o mapa definitivo do territorio, e en 1912 no Trat...

O "Trágala" e o "Vivan las cadenas"

Imagen
  Na Guerra Civil cantáronse composicións que xa foran populares nos pasados enfrontamentos bélicos. A poesía e o canto popular son algo vivo que continuamente se transforma. Unha canción que é cantada polo pobo nunca está “terminada de todo”, como tampouco o está a historia. A súa estrutura aberta permite as máis variadas mutacións, os más diversos cambios e diferentes “actualizacións”, ininterrompidas polo tema que trata. A canción do Trágala acadou extraordinaria popularidade en España nos dous momentos mais significativos do proceso de loita pola liberdade: o Trienio Liberal (1820-23) e a Guerra Civil (1936-1939). En ambas ocasións foi da man co Himno de Riego.  As dúas cancións expresaban as aspiracións políticas dunha parte importante da sociedade fronte á reacción, encarnada, respectivamente, polos absolutistas e polos franquistas. Este tipo de cánticos non eran produto unicamente da espontaneidade popular, nin tampouco elaboración cultural exclusiva das elites, senón u...

O Himno de Riego

Imagen
  Segundo a RAG, un himno é unha composición poética en eloxio a deuses ou heroes, honra a un gran home, á celebración dunha vitoria ou suceso memorable, que expresa orgullo e entusiasmo. O Himno de Riego honraba ao xeneral liberal Rafael de Riego, que deu a súa vida pola Constitución de 1812, sendo executado por orde de Fernando VII, o Rei “Felón”. Este himno pasou a posterioridade non solo pola personalidade de Riego, senón tamén porque foi adoptado como o Himno da Segunda República Española e do exilio. Esta composición tivo a súa orixe no primeiro decenio do século XIX, nun marco de euforia liberal, unha vez derrotadas as forzas invasoras de Napoleón e aprobada a Constitución de 1812 (“La Pepa”), que sería derrogada polo rei Fernando VII anos máis tarde. Segundo algunhas fontes foi composto por un oficial das tropas sublevadas chamado Miranda. Pola contra, outros defendían que o autor fora José Melchor Gomis de Colomer, director da banda do rexemento de Artillería de Barce...