O "Trágala" e o "Vivan las cadenas"

 

Na Guerra Civil cantáronse composicións que xa foran populares nos pasados enfrontamentos bélicos. A poesía e o canto popular son algo vivo que continuamente se transforma. Unha canción que é cantada polo pobo nunca está “terminada de todo”, como tampouco o está a historia. A súa estrutura aberta permite as máis variadas mutacións, os más diversos cambios e diferentes “actualizacións”, ininterrompidas polo tema que trata.

A canción do Trágala acadou extraordinaria popularidade en España nos dous momentos mais significativos do proceso de loita pola liberdade: o Trienio Liberal (1820-23) e a Guerra Civil (1936-1939). En ambas ocasións foi da man co Himno de Riego. 

As dúas cancións expresaban as aspiracións políticas dunha parte importante da sociedade fronte á reacción, encarnada, respectivamente, polos absolutistas e polos franquistas. Este tipo de cánticos non eran produto unicamente da espontaneidade popular, nin tampouco elaboración cultural exclusiva das elites, senón unha especie de produto que se popularizaba unha vez recibida a “sanción da comunidade” e que se convertían nun elemento integrado na cultura do grupo correspondente. 

Ambos cantos se complementaban e presentan moitas similitudes, pero non tiveron a mesma sorte. O Himno de Riego recibiu a “lexitimación institucional”. As Cortes declarárono marcha de ordenanza do exército e, un século máis tarde, a Segunda República o elevou á categoría de himno nacional.

“Trágala”, sen embargo, foi un canto habitualmente detestado pola “cultura culta”. É difícil atopar un xuízo positivo sobre esta canción nos textos do século XIX, incluso nos elaborados por caracterizados liberais. Non obstante, como se explicará máis adiante, o Trágala non foi unicamente un canto da plebe descamisada e “anarquizante”, como xeralmente se mantivo. A elite política tamén o cantou ou ao menos, alentou a que se fixera en determinadas ocasións. A mestura de rexeitamento e de utilización interesada, xunto á extraordinaria popularidade da canción, confiren ao “Trágala” unha interesante peculiaridade como produto integrante da cultura política. 

“Trágala” comezouse a cantar, segundo parece, en Cádiz, núcleo irradiador do liberalismo hispano. Alí nacera a Constitución de 1812 e tamén alí encontrarían refuxio e apoio os conspiradores antiabsolutistas. O “Trágala” foi unha réplica contra algunhas cancións realistas coma "La Cachucha", dedicadas a Fernando VII.

Estendeuse paralelamente ao “Himno de Riego” e foi o propio Riego quen “promocionou” esta composición no discurso que os seus partidarios lle ofreceron no Teatro del Príncipe, despois de súa triunfal entrada en Madrid. 

O xeneral dispuxo que o seus axudantes puxeran en coñecemento do público a insultante e groseira canción del “Trágala”, que traían de Cádiz. 

Din que os lideres liberais lla cantaron a Fernando VII cando este tivo que “tragarse” o seu absolutismo e obrigarlle a dicir aquilo tan famoso pero falso de: "Marchemos francamente y yo el primero por la senda constitucional". Este odio, amósase no seguinte fragmento da canción:

Por los serviles

no hubiera Unión

ni si pudieran

Constitución.

pero es preciso

roan el hueso.

y el liberal

les dirá eso:

Trágala, trágala

Trágala, trágala

Trágala, trágala

Trágala, perro.

 

“Trágala”, como acostuma a ocorrer coas cancións que alcanzan unha gran difusión, foi adoptando diversas letras. Dado o éxito popular que tivo, os realistas, incapaces xa de loitar contra a súa fama, optaron por utilizala como arma por medio da réplica letrística.

Por outra banda, na España daquela época, só eran liberais os máis ilustrados da clase media e parte do Exército, mentres que entre o pobo a opinión antiliberal era moi puxante. Desbordadas as pasións, o odio e os rencores co pronunciamento de Riego, e solventados os ánimos por esta acción, os revolucionarios de Madrid emprenderían un ataque duro y groseiro contra o rei, mediante este canto. 

Neste contexto, apareceu o grito de «¡Vivan las cadenas!».  Supostamente xurdiu de forma espontánea no regreso de Fernando VII de Francia do desterro imposto por Napoleón. Ese día de 1823, levouse a cabo un recibimento popular no que se desengancharon os cabalos da súa carroza para substituílos por persoas do pobo que tiraron dela, a ritmo deste grito. 

Con esta famosa frase pretendíase xustificar a decisión do rei de ignorar a Constitución de 1812 e o resto da obra lexislativa das Cortes de Cádiz para gobernar de novo como monarca absoluto. Ponse así o fin ao Trienio Liberal iniciado co golpe de Estado de Rafael Riego en 1820.

Noutras ocasións combinábase este grito con outros de contido semellante: “¡Muera la libertad y vivan las cadenas!” ou “¡Viva el rey absoluto y vivan las cadenas!”. 

En 1823, cando os Cen Mil Fillos de San Luis acabaron co Trienio Liberal, a frase adoptou dúas adaptacións ás novas circunstancias: “¡Vivan las cadenas y mueran los negros!” e “¡Vivan las cadenas y muera la nación!”Negros era o nome co que os absolutistas se referían aos liberais españois e o termo "nación" era unha palabra liberal asociada a conceptos como soberanía nacional, milicia nacional, bens nacionais,...

Desde entón, este grito, comezou a ser utilizado tanto polos absolutistas como polos seus inimigos políticos co fin de ridiculizar os seus principios. Con idéntica intención, moi a miúdo a forma de referirse ao lema era exaxerando a pronunciación vulgar: '¡Vivan las cadenas!'. A frase quedou como símbolo de la España reaccionaria, fronte a '¡Viva la Pepa!' e “Trágala”, propostos da España liberal 

Esteban Lugo Padín

 

Bibliografía

Díaz Viana, Luis. “Las canciones poAS CANCIONES POPULARES DE NUESTRA HISTORIA (Absolutistas y Liberales)”. Artigo procedente de la Fundación Joaquín Díaz, Dispoñible en: https://funjdiaz.net/folklore/07ficha.php?id=45

La Parra, Emilio. “La canción del Trágala. Cultura y política popular en el inicio de la revolución liberal en España”. Dispoñible en: https://crec-paris3.fr/wp-content/uploads/2011/07/actes-03-La-Parra.pdf

Otero, Nacho. “Que significa ¡Vivan las cadenas!”. Dispoñible na revista dixital: https://www.muyhistoria.es/curiosidades/preguntas-respuestas/que-significa-vivan-las-cadenas-361490271739

"¡Vivan las cadenas!” de Wikipedia, dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/%C2%A1Vivan_las_cadenas



Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931