O Proceso de Burgos


En decembro de 1970 ten lugar o chamado Proceso de Burgos, no que dezaseis cidadáns vascos, entre eles tres mulleres e dous clérigos, son xulgados polo asasinato de Xosé Pardines Arcay, membro da Garda Civil que interceptaba a dous membros da ETA nun control de estrada, o asasinato de Melitón Manzanas, inspector xefe da Brigada Político-Social de Guipúscoa, na súa casa diante da súa muller e a súa filla, e tamén o asasinato  do taxista Fermín Monasterio Pérez cando un dos imputados lle disparou mentres fuxía dunha detención da Garda Civil. 

O asasinato de Manzanas supuxo un antes e un despois na historia da banda terrorista xa que foi o primeiro atentado planificado pola ETA.

Xulgados por un Tribunal Militar, o proceso comenza o 3 de decembro, pero a presenza de dous clérigos entre os acusados fixo que a Igrexa tomase parte no asunto e mentres que o goberno quería que o xuízo fose militar e a porta pechada, aquela pretendía que fose civil e público. ETA quería que así fose para o seu beneficio e mostrar ante o mundo a represión á que o País Vasco estaba sometido. Outra arma de presión por parte de ETA foi o secuestro do cónsul alemán en España, conseguindo así presións diplomáticas por parte dos países europeos. A oposición ao réxime de Franco tamén organizou folgas xerais, manifestacións cidadás...., artistas e intelectuais cataláns pecháronse no Monasterio de Montserrat e lanzaron un manifesto no que pedían a amnistía total para os presos, liberdade democrática e dereito a autodeterminación. O encerro remata cun estado de excepción para evitar represalias contra os monxes.

Resólvese o xuízo con nove condenas de pena de morte e cincocentos dezanove anos de cárcere para os acusados, xa que foi un xuízo conxunto e non individual pensando que así o castigo sería máis exemplarizante; pero nada máis lonxe da realidade. Franco, ante todas as barreiras ten que ceder, sabe que o indulto se entenderá como unha debilidade, e, aínda que tamén houbo manifestacións a favor do goberno, a forte presión popular en Euskadi, no Estado Español e no resto do mundo obrigárono a cambiar as penas capitais por cadeas perpetuas.

Así, un xuízo formulado como unha lección para ETA rematou debilitando o réxime franquista, e ensalzando a banda terrorista, aínda que ao mesmo tempo a organización se resquebraxou interiormente xa que non todos estaban de acordo con empregar a violencia.

No ano 1977, superada a ditadura franquista e con Adolfo Suárez como presidente do Goberno, os presos xulgados no Proceso de Burgos conseguiron a liberdade mediante a amnistía xeral, aínda que os condenados por asasinato foron expulsados de España.

 

Mario Grandío Roca

2º Bacharelato A

Bibliografía 

·      Aizpeolea, Luis R.: “Nos avergonzaba matar”, El País, 5.12.2020; dispoñible en: https://elpais.com/diario/2010/12/05/domingo/1291524758_850215.html

·      Aizpeolea, Luis R.: “El Proceso de Burgos favoreció el antifranquismo, pero también impulsó a ETA”, El País, 28.11.2020; dispoñible en: https://elpais.com/espana/2020-11-27/el-proceso-de-burgos-favorecio-al-antifranquismo-pero-tambien-impulso-a-eta.html

·      “El Proceso de Burgos” en documentos RNE, dispoñible en:  https://www.rtve.es/radio/20201203/proceso-burgos-este-sabado-documentos-rne/1262582.shtml

·      Careaga Artiach, Gabriel: “Los 16 del Proceso de Burgos, hoy: ya no  son de ETA”, ABC, dispoñible en: https://www.abc.es/archivo/periodicos/blanco-negro-19780426-26.html

·      Landaburu, Ander: “Cuando el franquismo se vio sentado en el banquillo”, El País, 29.11.2010; dispoñible en: https://elpais.com/diario/2010/11/29/paisvasco/1291063201_850215.html

·      “Reacciones en el extranjero: Las sentencias, en las primeras páginas de la prensa mundial. Incidentes entre grupos de manifestantes y policías en Bruselas y Roma”, ABC, 30.12.1970; dispoñible en: https://www.abc.es/archivo/periodicos/abc-sevilla-19701230-15.html

·      R.C.: “Cronología del Proceso de Burgos” do diario El Norte de Castilla, 29.11.2020; dispoñible en: https://www.elnortedecastilla.es/nacional/cronologia-proceso-burgos-20201129001656-ntrc.html#vca=modulos&vso=elnortedecastilla&vmc=noticias-rel-cmp&vli=nacional

·      Torres, Miguel: “Consejo de guerra en Burgos: en la sesión de ayer finalizó la lectura del extracto del proceso”, ABC, 5.12.1970; dispoñible en: https://www.abc.es/archivo/periodicos/abc-madrid-19701205-37.html

·      Viana, Israel: “El Proceso de Burgos: El juicio más famoso en la historia de ETA”, ABC, 21.2.2011; dispoñible enhttps://www.abc.es/historia/proceso-burgos-franco-1970-201012030000_noticia.html

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931