O movemento 15-M



O movemento 15-M foi un movemento revolucionario surxido tras as manifestacións do 15 de maio de 2011 en distintas prazas de España, na que diversos grupos de persoas acamparon protestando por unha democracia axena do bipartidismo do PSOE-PP e do dominio dos bancos e das multinacionais.

Estas protestas déronse nun contexto delicado debido ó colapso da burbulla inmobiliaria de EEUU en 2008 que derivou nunha crise de liquidez, alimentaria e económica a escala global. España obviamente viuse afectada e as medidas tomadas polos gobernos durante eses anos non lograron facer fronte a esta crise.

 Nesta situación apareceu a figura de Stéphane Hessel, pensador, escritor e diplomático quen anteriormente contribuira na creación da declaración dos dereitos humanos en 1948. En 2010 publica Indignaos, un ensayo no que incita á xuventude a indignarse e a rebelarse en contra dos poderes do capitalismo. Esta obra converteuse nun referente para a esquerda adoptandose a súa ideoloxía e manifestándoa en distintos movementos que se deron ó redor do mundo como o Movemento Occupy iniciado en EEUU, o Yosoy123 en México ou o Occupy Gezi en Turquía. En España destacaron as manifestacións do 15-M que derivaron numerosos cambios a nivel sociopolítico.

Desde un inicio o movemento tivo consecuencias notables no ámbito sociopolítico mais posiblemente a maior destas foi a creación do partido político Podemos en 2014, que defendeu os ideais do movemento. A súa irrupción foi notable posto que foi un dos principais responsables da ruptura do bipartidismo en España nas eleccións xerais do ano 2015, mantendo un posto de prestixio ata hoxe en día.

A pesar de que para moitos o espírito do movemento 15-M segue vixente na sociedade actual, moitos afirman que pouco a pouco o seu ideal de cambio foise apagando e mesmo os principais representantes deste, Podemos, deixaron atrás este espírito, empregando un forte populismo cambiando así partes do seu discurso para contentar á maioria da poboación posible comportándose de forma hipócrita sen respetar os ideais do movemento. Con todo é preciso marcar o 15-M como un punto de inflexión na vida política española posto que mesmo aqueles partidos xurdidos do pensamento de Hessel chegaron hoxe en día a ter unha presencia notable no goberno central.

Iker Rodríguez Moisset 

2º Bacharelato A

Bibliografía

·      Anónimo (2013), “Fallece el pensador francoalemán Stéphane Hessel'” (Dispoñible en https://www.eldiario.es/politica/fallece-pensador-francoaleman-stephane-hessel_1_5596491.html).

·      Arrogante López, Víctor Manuel (2020); “15M, 2008 y consecuencias de la actual crisis social y económica'” (Dispoñible en https://www.nuevatribuna.es/opinion/victor-arrogante/15m-2008-consecuencias-actual-crisis-social-economica/20200518095331174976.html ).

·      Caro, Gregoria (2020), “'De Sol a La Moncloa: un 15-M lejos del espíritu de «renovación»'” (Dispoñible en https://www.abc.es/espana/abci-moncloa-15-m-lejos-espiritu-renovacion-202005160138_noticia.html).

·      Edslov (2020), “Podemos” (Dispoñible en https://es.wikipedia.org/wiki/Podemos)

·      Herrera, Elena (2013), “El movimiento que repolitizó la calle'” (Dispoñible en https://www.infolibre.es/noticias/politica/2013/05/16/balance_dos_anos_3429_1012.html).

·      Martínez García, María, “Indignaos (Indignez-vous) Stéphane Hessel” (Dispoñible en https://profesorvargasguillen.files.wordpress.com/2011/02/indignaos-por-stc3a9phane-hessel.pdf).

·      “Movimiento 15-M'” (Dispoñible en https://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_15-M).

·      “Stéphane Hessel” (Dispoñible en https://es.wikipedia.org/wiki/St%C3%A9phane_Hessel).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931