O Himno de Riego

 

Segundo a RAG, un himno é unha composición poética en eloxio a deuses ou heroes, honra a un gran home, á celebración dunha vitoria ou suceso memorable, que expresa orgullo e entusiasmo.

O Himno de Riego honraba ao xeneral liberal Rafael de Riego, que deu a súa vida pola Constitución de 1812, sendo executado por orde de Fernando VII, o Rei “Felón”.

Este himno pasou a posterioridade non solo pola personalidade de Riego, senón tamén porque foi adoptado como o Himno da Segunda República Española e do exilio.

Esta composición tivo a súa orixe no primeiro decenio do século XIX, nun marco de euforia liberal, unha vez derrotadas as forzas invasoras de Napoleón e aprobada a Constitución de 1812 (“La Pepa”), que sería derrogada polo rei Fernando VII anos máis tarde.

Segundo algunhas fontes foi composto por un oficial das tropas sublevadas chamado Miranda. Pola contra, outros defendían que o autor fora José Melchor Gomis de Colomer, director da banda do rexemento de Artillería de Barcelona, ascendido a director da banda da milicia nacional co segundo restablecemento de ”La Pepa” en 1820. Sen embargo, indagacións posteriores só lle concederon o papel de arreglista, polo que a lista de posibles autores non parou de medrar. 

Nun primeiro momento o himno carecía de letra, polo que so se interpretaba musicalmente. Posteriormente, o militar Evaristo San Miguel poríalle unha letra significativa. San Miguel sublevouse xunto con Riego, chegando a ser ministro en 1822. Un ano máis tarde, cando termina a primeira etapa liberal, cae preso e é trasladado a Francia. 

A letra do himno foi mudando co paso do tempo. Apareceron outras letras como a de Alcalá Galiano e outras versións, como á do músico Pedro Albéniz (profesor de piano de Isabel II), que triunfaría no 1836 entre as tropas liberais. 

O Himno de Riego chegou a ser oficialmente himno de España dende o 7 de maio de 1822 ao 7 de novembro de 1823, data na que foi aforcado o xeneral Riego na Praza da Cebada de Madrid, tras a restauración do absolutismo. Gracias á axuda dos “100.000 fillos de San Luís”, un continxente francés con voluntarios españois que combateron en defensa do absolutismo borbónico e do Antigo RéximeFernando VII conseguira poñer fin á  Guerra Realista e ao Trienio Liberal.

Coa revolución anti-borbónica de 1868 prescíndese dunha marcha real e encargáselle ao director da banda do 2º Rexemento de Enxeñeiros, José Squadriani,  a composición dun himno nacional, que sería estreado o 7 de febreiro de 1869 no patio do Ministerio da Guerra.

O último destello do Himno de Riego prodúcese en 1931, na Segunda República. A pesar das reticencias dalgúns, que o consideraban “son de charanga” e ante a insistencia de don Manuel Azaña, ilustre ateneísta e futuro presidente da República, o novo himno da República sería arroupado e arregalado por Antonio Machado y  Óscar Esplá. Máis tarde foi declarado himno oficial da República.

Durante a Guerra Civil Española, continuaría sendo moi popular, xa interpretado polas bandas de música na súa versión cantada. 

Unha vez instaurada a ditadura de Francisco Franco en 1939, o himno de Riego non volveu a soar publicamente, pois estaba prohibido, debido á represión franquista.

Esteban Lugo Padín

 

Bibliografía

“Cien mil hijos de San Luis” de Wikipedia dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Cien_Mil_Hijos_de_San_Luis

“Himno de Riego” de Wikipedia, dispoñible en:   https://gl.wikipedia.org/wiki/Himno_de_Riego

Ortiz de Orruño Legarda, José María. “Rafael de Riego”. Diccionario biográfico de la Real Academia de la Historia. Disponible en: http://dbe.rah.es/biografias/4241/rafael-del-riego-y-florez

Guillermo de la Torre, “El himno de Riego”, nuevatribuna.es 29.10.2011. Dispoñible en: https://www.nuevatribuna.es/articulo/cultura---ocio/el-himno-de-riego/20111029130957064680.html



Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931