Folga xeral de Vigo, setembro de 1972

 

Os anos 60, aínda que nun ambiente de mellora económica, estiveron caracterizados pola intensificación da oposición antifranquista e a súa conseguinte demanda do sistema democrático. No 1963 o Goberno creou o Tribunal de Orde Pública tratando de mellorar a súa imaxe ante a opinión pública internacional, diminuíndo a actuación dos Tribunais Militares. Encargábase de xulgar delitos políticos e de opinión contrarios ao réxime. As principais fontes opositoras atopáronse na Universidade, onde apareceron as primeiras manifestacións de protesta no 1956 co obxectivo de conseguir un sindicalismo de estudantes democrático que substituíse ao oficial, na Igrexa Católica, na política e no Movemento Obreiro, onde a partir dos anos 60 as accións de protesta se multiplicaron. Nacen neste contexto e en clandestinidade as Comisións Obreiras e tras varios conflitos laborais destaca a protesta que tivo lugar en Ferrol o 10 de marzo de 1972 (que combinaba reivindicacións proletarias con esixencias de democratización), cando dous traballadores resultaron mortos e varios feridos nun enfrontamento das forzas da orde pública nunha manifestación. Tras a expansión destes sucesos tivo lugar días na factoría Citroën de Vigo unha segunda folga que mantivo en tensión á cidade 20 días. Estas folgas contribuíron ao desprestixio do réxime.

A industria de Vigo alcanzou máis de 15 mil traballadores en folga non sen consecuencias; houbo máis de seis mil despedimentos dos que quedaron finalmente en 400 e unha profunda preocupación para o réxime. Á súa vez, supuxo un importante estímulo para o sindicalismo en Galicia  o nacemento de varias organizacións. As mobilizacións comezaron con reivindicacións do persoal da Citroën e deseguido contaron co apoio do movemento obreiro vigués. O 6 de setembro o comité de empresa de Citroën Hispania reivindicou a xornada de 44 horas na negociación do convenio colectivo e convocou os primeiros paros. Tres días despois a empresa comunicou o despido a cinco traballadores e expedientou a outros catro sindicalistas. O luns 11 os traballadores reivindicáronse na fábrica e iniciaron unha marcha cara Reyman e Barreras para pedir a solidariedade dos traballadores. Segundo avanzaba a semana máis traballadores se sumaban á folga e o xoves superaban os dexaseis mil, entre eles os do transporte público.

En paralelo, a chegada da policía aumentaba e con esta as detencións. As empresas comezaron a mandar cartas de despedimento desactivando a folga quince días despois do comezo e anulando a maior parte dos despidos. A pesar da represión, o movemento obreiro e sindical saíron reforzados.

Carlos Barros foi o responsable do movemento obreiro no Partido Comunista de Galicia e quen se ocupaba da comunicación e a propaganda. Na folga foi o responsable da organización ideolóxica, colaborando con CC.OO no desenvolvemento do paro. Afirma que as folgas en Vigo de marzo foron en solidariedade polas mortes e Amador Rey e Daniel Niebla, asasinados a mans da policía na folga de Ferrol, así coma que “pola propia dinámica do movemento obreiro na cidade estaba pendente unha folga xeral en Vigo coma a de Ferrol”. 

Historicamente, a folga de Vigo foi un dos éxitos máis grandes xunto á de Ferrol da clase obreira galega e dos que loitaban pola democracia. Para o movemento obreiro significou a fundación do sindicalismo democrático. A sorpresa dos traballadores en Vigo foi a renuncia por parte da clase media á folga, a diferencia da unión destes en Ferrol. A causa disto, agradéceselle aos estudantes e obreiros a colaboración que fixo posible a Transición, aínda que foi lenta e con moitas mortes de por medio, para alcanzar unha democracia inesperada a causa da presión por parte do exército para que a Transición se fixese dunha determinada maneira, de forma que beneficiase aos que mandaban.

Carlos Barros afirma que o sustento da folga durante todos eses días foi a asemblea obreira de Vigo onde os líderes sindicais daban as indicacións para cada xornada e as follas volandeiras que el mesmo redactaba ca coordinadora de CC.OO. Estes eran medios clandestinos de información que facían posible a explicación do sistema de oposición que na prensa do franquismo se buscaban.

En conclusión, a pesar de ser un duro camiño que levou tempo, dedicación, traballo e para moitas familias sacrificio, foi decisivo na historia obreira galega, marcando un antes e un despois visible nas melloras laborais que a día de hoxe e daquela, tralo fin da Transición, se puideron apreciar.

 

Paula Lado Romero

Bibliografía

·    Xosé Alfeirán Rodríguez, Ana Brea Pedreira, Ana Romero Masiá (2016),  Historia de España, A Coruña, Baía Edicións.

·    Pérez Pena, Marcos (15 de marzo, 2013), “La huelga general de Vigo de 1972 fue el mayor éxito histórico de la clase obrera gallega”, disponible en: https://www.eldiario.es/galicia/general-vigo-historico-obrera-gallega_1_5610600.html#:~:text=En%20septiembre%20de%201972%2C%20tres,m%C3%A1s%20de%2015%20mil%20trabajadores

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

1625 e a rendición de Breda