Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) e a primeira carta xeográfica de Galicia


Hai que esperar ata o século XIX para que Galicia conte cunha auténtica carta xeométrica que recolla con vigor todas as súas formas tan particulares, o mapa de Fontán. Domigo Fontán Rodriguez é o home que en palabras de Otero Pedrayo “logra por primeira vez un esquema do rostro de Galicia que ata entón era escuro e brumoso”. 

Foi un xeógrafo, matemático, profesor e parlamentario liberal galego con gran gusto pola ilustración francesa e o método científico. Este personaxe tivo tanta importancia que foi enterrado en Bonaval, no Panteón de Gallegos Ilustres, xunto con outros personaxes históricos como son o escultor Asorei, a poetisa Rosalía de Castro e o seu marido Manuel Murguía, etc.

Fontán naceu en Portela do Conde (Portas, na provincia de Pontevedra) en 1788. A súa xuventude trascorreu durante a invasión napoleónica (1807-1808) e a Guerra da Independencia (1808- 1814), o que fixo que tivera problemas ca xustiza polos seus ideais.

No primeiro cuarto do século XIX Galicia estaba nunha profuda crise como o resto de España como consecuencia das guerras. Fontán estaba convencido de era imposible resolver os problemas, en especial a mala situación de Galicia, sen contar cunha cartografia rigurosa. Así decide emprender a triangulación de Galicia para dotar a súa terra dun mapa fiable e moderno e así prosperar social e economicamente. Ninguén tivera esta idea antes en toda España, nin se quera o mesmísimo estado. A idea de dotar a Galicia dun mapa preciso e apoiado nunha red xeodésica que el mesmo faría é admirable tendo en conta a mala situación do país, o mal clima e o sinuoso relevo que dificultaba o traballo de campo e os escasos medios. El mesmo mercou en Londres e París instrumentos cualificados e mesmo deseñou algúns coa axuda de artesáns. 



A súa aventura iniciase en 1817. Para establecer a situación xeográfica de Galicia comeza determinando as coordenadas astronómicas da Berenguela (a torre do reloxo da catedral compostelana) mediante a proxección de Bonne e determinando a súa altitude e latitude. Este tipo de proxección mostra o mapa sobre un meridiano central que se representa como unha línea recta. Os demais meridianos son curvas complexas e cóncavas hacia o meridiano central onde non hai distorsión ningunha. 

O seu seguinte paso era situar por toda a comunidade coordenadas xeódicas. Pasouse 16 anos da súa vida percorrendo toda Galicia para establecer ao redor de dous mil puntos xeódesicos, a partir dos cales fixo medidas e cálculos para dar expresión ao territorio. Co traballo de campo rematado plasma sobre o papel en unha escala de 1:100.000 o relevo galego ao completo mediante 35 signos convencionais que se explican nunha taboa a parte. 

Fontán introduciu criterios matemáticos para calcular as mediciones de forma fiable e rigurosa, o que foi uha gran innovación por que os cartógrafos da época realizaban os seus mapas dende os seus gabinetes cuns datos xa existentes e pouco fiables.

Este mapa é o mellor mapa realizado en España en todo o século XIX e tamén é o documento máis importante da toponimia galega decimonónica. 

Fontán tivo que realizar todo este traballo de forma moi sixilosa polo dominio absolutista e a súa intolerancia ante esta acción. O mapa foi presentado ante a raíña en 1834 pero non foi publicado ata máis tarde pola carencia de impresores de calidade e pola pouca colaboración por parte do Estado. 

David Vázquez Valiño

 

 

Bibliografia

Carrera, Valentín (1996) “Domingo Fontán. La pasión por la cartografía” na páxina web de Valentin Carreira en youtube. https://youtu.be/blfIKziAqqY

Reproducción de la Carta Geométrica de punta en Blanco Fontán 

http://www.es.parlamentodegalicia.es

Snyder, J. P. (1987). Map Projections: A Working Manual. U.S. Geological Survey Professional Paper 1395. https://desktop.arcgis.com/es/arcmap/latest/map/projections/GUID-E9776D15-6DAB- 46D1-A1FB-88A499DCD314-web.png 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931