Altamira



No norte de España, na rexión central de Cantabria, entre os límites dos términos municipais de Santillana del Mar e Reocín, atópase a Cova de Altamira. Esta cova ten o gran luxo de ser o primeiro lugar do  mundo no que se identificou a existencia da arte rupestre do Paleolítico superior. Tamén foi un achado singular pola calidade e a magnífica conservación e frescura dos seus pigmentos. 

A cova de Altamira foi descuberta por Modesto Cubillas, un veciño do lugar, alá polo ano 1868, pero non foi ata 1879 cando, acompañado por Marcelino Sanz de Sautuola, naturista e prehistoriador, e pola súa filla María de 8 anos, nunha das súas excursións, descubriron  as pinturas da Cova de Altamira. Pero o seu valor non foi recoñecido ata o descubrimento doutras covas en Europa, principalmente en Francia (Le Mouthe, Combarelles e Font de Gaume), debido a que os historiadores da época foron un pouco incrédulos co descubrimento destas pinturas e datábanas noutras fechas.

Bisontes, cabalos, cervos, mans e misteriosos signos foron pintados e gravados durante os milenios nos que a cova de Altamira foi habitada. Estas representacións esténdense por toda a cova ao longo de máis de 290 metros, presentándonos así un arte en grado de excelencia. As técnicas artísticas, o tratamento da forma, o aproveitamento do soporte, os grandes formatos, a tridimensionalidade, o naturalismo, a abstracción, o simbolismo..., todo está plasmado en Altamira. Sendo por iso a máxima representación do espírito creador do home.

Pero todas estas técnicas e símbolos que vemos en Altamira, os mesmos motivos, composicións similares…, tamén os atopamos noutras covas pertencentes a esta época, dende Xibraltar ata os montes Urales, pasando polo País Vasco ou a Dordoña francesa, dando testemuño da mobilidade da xente daquela época  intercambiando así as súas ideas, creando redes de contacto e de intercambio de novidades técnicas e estilísticas, pero tamén de conceptos e crenzas, podendo destacar así o papel, non pouco importante, que desempeñou o arte rupestre na cohesión social.  

Mario Grandío Roca   2ºBAC A

Bibliografía: 

Arias Cabal, Pablo (2018): "16.000 a.C. Altamira, prehistoria del pensamiento simbólico" en Xosé Manoel Núñez Seixas, Historia mundial de España, Barcelona, Destino.

Hernández Bonilla, Juan Miguel: “Grabados de bisontes en cuevas españolas revelan una cultura artística común en la antigua Europa”, elpais.com, 30.10.2020. Dispoñible en: https://elpais.com/ciencia/2020-10-29/grabados-de-bisontes-en-cuevas-espanolas-revelan-una-cultura-artistica-comun-en-la-antigua-europa.html.

 “La cueva de Altamira” del Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira, Ministerio de Cultura y Deporte, Gobierno de España, dispoñible en: http://www.culturaydeporte.gob.es/mnaltamira/home.html. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931