O atentado de Hipercor (19.7.1987)


Euskadi Ta Askatasuna, máis coñecido como ETA, foi posiblemente o grupo terrorista máis trascendental na historia do noso país, autores de numerosas atrocidades que ignoraron por completo os dereitos humanos de centos de persoas ca escusa de cumplir o seu obxetivo. Fundada a finais dos anos 50 por membros das xuventudes do Partido Nacionalista Vasco, mantivo unha ideoloxía basada no extremismo nacionalista defendendo a independencia do territorio de Euskal Herria, que alberga os territorios do País Vasco español, o francés e Navarra, principalmente.
 

Na súa orixe escusaban os seus atentados e asesinatos (centrados en personalidades relacionadas co goberno franquista ou policías) como unha forma de loitar contra a tiranía da ditadura. Este argumento perdeu todo o seu sentido logo da morte do ditador, posto que precisamente foi na época de transición e na democrática onde o grupo realizou a maioría dos seus atentados. Foi nese momento cando o grupo realizou a maior masacre terrorista realizada en España ata aquel entón. 

O atentado foi levado a cabo o 19 de xullo de 1987 no estacionamento dun Hipercor situado na avenida Meridiana de Barcelona. Neste un coche bomba foi colocado polos membros do chamado comando ''Barcelona'' formado por Josefa Ernaga, Rafael Caride Simón e Domingo Troitiño. Según a sentencia do xuízo este último levou acabo unha serie de chamadas á Guardia Urbana de Barcelona, á administración do establecimiento e ó diario Avui avisando do futuro ataque e cando se realizaría. Con todo o local non foi desaloxado debido a que o personal de seguridade, xunto coa policía, non atoparon ningún explosivo ademais de que xa se sobrepasara a hora do suposto atentado. Este error provocou que ás 16:10 dese día unha enorme explosión acabara coa vida de 21 persoas e deixara a outras 45 feridas. 

A pesar da terrible traxedia que supuxo o atentado, este serviu como un punto de inflexión na loita contra o terrorismo en España que logrou que o 4 de maio de 2018 ETA anunciara a súa disolución total. Con todo esta loita séguese disputando hoxe en día fronte as amenazas constantes que aparecen cada día no mundo. 

Iker Rodríguez Moisset 

Bibliografía

Domínguez Iribarren Florencio(2017) ''Una mirada a Hipercor, 30 años después del atentado'' (Dispoñible en https://fundacionvt.org/una-mirada-a-hipercor-30-anos-despues-del-atentado-2/) 

Goldarak (2020) ''Atentado de Hipercor'' (Dispoñible en https://es.wikipedia.org/wiki/Atentado_de_Hipercor) 

Matiras (2020) ''Euskadi Ta Akatsuna'' (Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Euskadi_Ta_Askatasuna#Desarme_unilateral_e_incondicional_y_a nuncio_de_disoluci%C3%B3n) 

Prieto Mendaza Jesús (2018) ''El terrorismo en España'' (Dispoñible en: http://www.interior.gob.es/documents/642317/12001517/UD2+Terrorismo_en_Espana_ALUM NOS_126200045.pdf/a39f3ad4-4357-4824-bcf3-84494520d075) 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

La Constitución de 1931