Entradas

Atapuerca

Imagen
Atapuerca é unha serra situada ao leste de Burgos. Nela decubríronse os restos fósiles dos humanos máis antigos da historia de España e de Europa e descubriuse a existencia do  Homo antecessor .  Este descubremento comezou coa construcción duhna vía de ferrocarril por enriba desta serra o que fixo que se derrubaran montañas o que deixou ao descuberto uns impresionantes xacementos paleontolóxicos.  A vía fechou en 1911 e as primeiras pescudas arqueolóxicas leváronse acabo nos anos sesenta por Francisco Jordá, pero a época de maior importancia e repercusión foron os anos 90, con Emiliano Aguirre á cabeza.  Durante esta década atopáronse ao redor de 6.500 fósiles en “La Sima de los Huesos” que como mínimo pertencen a 28 individuos diferentes, o que a convertiría na maior agrupación de fósiles humanos do mundo. Entre estes restos destacan o descubrimento dun cráneo case completo (chamado Migelón) e un fósil duha mandíbula de hai 1,2 millóns de a...

O ascenso de Franco ao poder

Imagen
A Guerra Civil española comezou o día 18 de xullo de 1936 debido á sublevación dos militares, que se sentían ameazados ante os supostos extremismos de esquerdas do Goberno da República. A sublevación militar tivo lugar en Melilla o 17 de xullo de 1936, día en que as tropas da Lexión e dos Regulares se fixeron rapidamente co poder en Marrocos. A mañá do 18 de xullo, Franco, que se atopaba en Canarias naquel momento, felicitou aos sublevados, autonomeouse xefe das tropas de África e decretou o estado de guerra en Canarias e Marrocos. Por suposto, asegurouse de emitir a noticia do alzamento militar aos españois para que ninguén se quedase sen saber o que estaba a acontecer baixo o seu mando. Entre o 18 e o 19 de xullo, tras recibir a gran noticia, os militares conxurados tamén se alzaron en distintas cidades da Península intentando facerse co poder, imitando o que fixeran o día anterior os militares de Melilla. Nalgúns casos triunfaron, mais noutros as forzas republicanas conseguiron salv...

No bicentenario de Concepción Arenal (1820-2020)

Imagen
  Busto de CA en Rúa da Trinidade. Foto Santi Alvite https://www.usc.gal/gl/concepcion-arenal/novas/concepcion-arenal-hoxe Neste 2020 conmemórase o nacemento de Concepción Arenal (1820-2020), muller adiantada ao seu tempo. Dentro do programa do bicentenario, a Universidade de Santiago de Compostela presenta no Colexio de Fonseca a exposición Concepción Arenal. A conciencia da razón . Nada en Ferrol, Concepción Arenal foi un personaxe de zona internacional grazas a seu activismo social, intelectual, político. As súas preocupacións pasaron polo dereito, os problemas sociais do seu tempo (a cuestión obreira, a infancia, as prisións…), a escravitude, a guerra. Prestou atención especial á situación da muller. Dela escribiu Emilia Pardo Bazán: “Se o espírito de dona Concepción Arenal estivese pechado na natureza dun corpo masculino, aos corenta anos, sería dona Concepción catedrática, deputada varias veces, directora xeral polo menos, académica de varias academias e personaxe moi influín...

Creación do Ministerio de Trabajo

Imagen
A “cuestión social”, segundo a denominación do século XIX, está relacionada coas reivindicacións das clases populares, das clases traballadoras, tanto no relacionado coas súas condicións de vida e de traballo como coas súas aspiracións a democratizar a vida política. Trátase dun proceso longo, prolongado no tempo, no que son etapas a creación da Comisión de Reformas Sociais (1883), en plena Restauración borbónica, do Instituto Nacional de Previsión (1908), en tempos de Afonso XII, o recoñecemento do dereito de folga (1909), por exemplo. Uns anos despois, en 1920, naceu o Ministerio de Traballo (1920). O artigo " En el centenario del Ministerio de Trabajo ", de José Babiano e Javier Tébar, fai referencias a estas cuestións e relacíonaas coa situación actual.

1625 e a rendición de Breda

Imagen
Cando estudamos o século XVIII, nos tempos de Filipe IV (1621-1665), vimos un dos más famosos cadros de Velázquez: La rendición de Breda , tamén coñecido como Las lanzas. Pintado polo sevillano en 1635, conmemoraba un acontecemento ocorrido dez anos antes: o asedio e rendición da cidade holandesa. Hai uns días apareceu una prensa un artigo de Vicente G. Olaya no que se encadraba La rendición de Breda no ano 1625, cando rematou o asedio á cidade: “ 1625, aquel maravilloso año para los Austrias ”. Para saber más desta obra, podes consultar a web do Museo del Prado, onde poderás ver un vídeo (" Otros ojos para ver El Prado "), que utilizamos na clase, no que se fala de Las lanzas como un exemplo de propaganda política na súa época.

Mauthausen

Imagen
A foto que encabeza esta entrada data do 5 de abril de 1945. Hoxe cúmprense, xa que logo, 75 anos da liberación de Mauthausen , campo de concentración nazi no que estiveron internados moitos republicanos españois (a pancarta da entrada ao campo é moi significativa). Derrotados na Guerra Civil, moitos morreron. Todos (e todas, porque houbo mulleres noutros campos) foron rexeitados pola ditadura franquista, que non soamente se desentendeu deles, senón que facilitou o seu exterminio. Así queda de manifesto no libro Los últimos españoles de Mauthausen (Barcelona, Ediciones B, 2015), do xornalista Carlos Hernández, que ven de publicar un interesante artigo sobre esta cuestión ( “ Las pruebas de la responsabilidad franquista en la deportación de españoles a campos nazis, a 75 años de su liberación ” ) . É tamén autor, con Concha Esquinas, do documental Los últimos españoles de Mathausen y otros campos de concentración (2020) , que contén testemuñas de moitas persoas que estiveron nos ...

1 de abril de 1939. O franquismo en imaxes

Imagen
O 1 de abril de 1939 rematou oficialmente a Guerra Civil. O derradeiro parte de guerra, escrito da man de Franco, é xa un documento histórico: "En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado. El Generalísimo, Franco". Poucos días despois, o 19 de maio, celebrouse en Madrid un desfile militar de cinco horas de duración. É interesante e analizar nas imaxes da época a escenografía do acontecemento, os símbolos, a presencia de tropas fascistas e nazis. Foi o primeiro Desfile da Vitoria, unha práctica que se convertiría en ritual durante toda a ditadura . Dende 1943, o NO-DO, Noticiario Documental de obrigada proxección en todas as salas de cine, deu conta dese desfile. NO-DO é unha mágnifica fonte para coñecer como foi o franquismo. Pódense ser reportaxes sobre a participación da Igrexa na vida política ,  sobre deporte… e, como non, sobre Franco .  Sobre Francisco...