1 de abril de 1939. O franquismo en imaxes


O 1 de abril de 1939 rematou oficialmente a Guerra Civil. O derradeiro parte de guerra, escrito da man de Franco, é xa un documento histórico:
"En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado. El Generalísimo, Franco".
Poucos días despois, o 19 de maio, celebrouse en Madrid un desfile militar de cinco horas de duración. É interesante
e analizar nas imaxes da época a escenografía do acontecemento, os símbolos, a presencia de tropas fascistas e nazis. Foi o primeiro Desfile da Vitoria, unha práctica que se convertiría en ritual durante toda a ditadura.
Dende 1943, o NO-DO, Noticiario Documental de obrigada proxección en todas as salas de cine, deu conta dese desfile.
NO-DO é unha mágnifica fonte para coñecer como foi o franquismo. Pódense ser reportaxes sobre a participación da Igrexa na vida políticasobre deporte… e, como non, sobre FrancoSobre Francisco Franco existe un documental de 1964, Franco, ese hombre (José Luis Saenz de Heredia, 1964). Aínda que un pouco longo, paga a pena velo e analizalo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931