Mauthausen


A foto que encabeza esta entrada data do 5 de abril de 1945. Hoxe cúmprense, xa que logo, 75 anos da liberación de Mauthausen, campo de concentración nazi no que estiveron internados moitos republicanos españois (a pancarta da entrada ao campo é moi significativa). Derrotados na Guerra Civil, moitos morreron. Todos (e todas, porque houbo mulleres noutros campos) foron rexeitados pola ditadura franquista, que non soamente se desentendeu deles, senón que facilitou o seu exterminio. Así queda de manifesto no libro Los últimos españoles de Mauthausen (Barcelona, Ediciones B, 2015), do xornalista Carlos Hernández, que ven de publicar un interesante artigo sobre esta cuestión (Las pruebas de la responsabilidad franquista en la deportación de españoles a campos nazis, a 75 años de su liberación). É tamén autor, con Concha Esquinas, do documental Los últimos españoles de Mathausen y otros campos de concentración (2020), que contén testemuñas de moitas persoas que estiveron nos campos e imaxes de extremada dureza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931