No bicentenario de Concepción Arenal (1820-2020)

 

Busto de CA en Rúa da Trinidade. Foto Santi Alvite
https://www.usc.gal/gl/concepcion-arenal/novas/concepcion-arenal-hoxe

Neste 2020 conmemórase o nacemento de Concepción Arenal (1820-2020), muller adiantada ao seu tempo. Dentro do programa do bicentenario, a Universidade de Santiago de Compostela presenta no Colexio de Fonseca a exposición Concepción Arenal. A conciencia da razón.

Nada en Ferrol, Concepción Arenal foi un personaxe de zona internacional grazas a seu activismo social, intelectual, político. As súas preocupacións pasaron polo dereito, os problemas sociais do seu tempo (a cuestión obreira, a infancia, as prisións…), a escravitude, a guerra. Prestou atención especial á situación da muller. Dela escribiu Emilia Pardo Bazán: “Se o espírito de dona Concepción Arenal estivese pechado na natureza dun corpo masculino, aos corenta anos, sería dona Concepción catedrática, deputada varias veces, directora xeral polo menos, académica de varias academias e personaxe moi influínte e sonado, en premio dos seu merecemento e extensión da súa cultura en certos ramos da ciencia política e moral”.
Para máis información, podes ler con atención as páxinas 254 e ss. do libro de texto e, por exemplo, a entrada correspondente a Concepción Arenal no Diccionario Biográfico da Real Academia da Historia, que está disponible en rede.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931