Atapuerca


Atapuerca é unha serra situada ao leste de Burgos. Nela decubríronse os restos fósiles dos humanos máis antigos da historia de España e de Europa e descubriuse a existencia do Homo antecessor

Este descubremento comezou coa construcción duhna vía de ferrocarril por enriba desta serra o que fixo que se derrubaran montañas o que deixou ao descuberto uns impresionantes xacementos paleontolóxicos. 

A vía fechou en 1911 e as primeiras pescudas arqueolóxicas leváronse acabo nos anos sesenta por Francisco Jordá, pero a época de maior importancia e repercusión foron os anos 90, con Emiliano Aguirre á cabeza. 

Durante esta década atopáronse ao redor de 6.500 fósiles en “La Sima de los Huesos” que como mínimo pertencen a 28 individuos diferentes, o que a convertiría na maior agrupación de fósiles humanos do mundo.

Entre estes restos destacan o descubrimento dun cráneo case completo (chamado Migelón) e un fósil duha mandíbula de hai 1,2 millóns de anos. Foi gran un descubrimento histórico xa que ata ese momento non se atoparan restos tan antigos en Europa: os máis antigos non chegaban nin ao medio millón de anos de antigüidade. Tamén polos restos que se atopara na Gran Dolina apareceu un novo membro na árbore xenealóxica dos homínidos o Homo antecesor que é o homínido máis antigo que se coñece. 

Este sería a especie homínida antiga que máis se parecería á nosa pero con misturas de rasgos arcaicos e modernos: cara moderna (mandíbula fina acabada en mentón e pómulos salientes). Tiñan un cerebro máis pequeño que o homo sapiens e con menos circunvolucións cerebrais. 

Segundo algunhas teorías o homo antecesor na serie filoxénica da raza humana daría lugar ao Homo Rhodeslensis (que evolucionaria ao Homo Sapiens) e ao Homo Heidelbergensis (que evolucionaría nos neandertales). 

Os restos de Atapuerca roubaronlle ás covas de Altamira o título de berce da historia de España, xa que formaron un incrible eco mediatico dende os noventa. Isto é debido a que se publicaron miles de artigo en xornais e revistas o que lle deu gran visibilidade a investigación. 

O 30 de novembro do ano 2000 a UNESCO declarou a serra de Atapuerca patrimonio da humanidade. 

David Vázquez Valiño


Bibliografía

“Atapuerca, la cuna de los humanos más antiguos de Europa” (25.3.2015), disponible en https://historia.nationalgeographic.com.es/a/atapuerca-cuna-humanos-mas-antiguos-europa_7021/1

 

BERMÚDEZ DE CASTRO , José María e Juan Luis ARSUAGA (2001) “El estatus del homo antecesor”, disponible en https://gredos.usal.es/bitstream/handle/10366/71560/1997- 2001_el_estatus_de_Homo_antecessor.pdf;jsessionid=027ED552B94FF66FE3F 458092D460D29?sequence=1 

 

MONTAGUD RUBIO, Nahum: “Homo antecessor: características de esta especie extinguida”, disponible en https://psicologiaymente.com/miscelanea/homo-antecessor 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931