Entradas

Camilo de Dios: o derradeiro maquis galego

Imagen
O pasado mércores, faleceu Camilo de Dios, o derradeiro guerrilleiro antifranquista galego . De militancia comunista, Camilo de Dios loitou na guerrilla antifranquista nos anos corenta, ata que caeu nas mans da represión franquista. Recentemente, a súa vida foi narrada no documental  Camilo de Dios : o derradeiro guerrilleiro galego ( Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García, Pedro Iglesias, 2016). Foi tamén protagonista doutro documental, A cidade da selva ( Pilar Faxil e Helena Gallardo, 2006) nome que os guerrilleiros antifranquistas deron ao seu refuxio nos montes de Casaio (Ourense). Casualmente, a prensa destes días tamén dá noticia dunha exposición relacionada coa represión franquista: Pequeñas cosas . Trátase dunha mostra que expón obxectos persoais dos condeados a morte durante a ditadura, obxectos que perviviron grazas a que foron gardados polas familias.

El buscón de Quevedo en banda deseñada

Imagen
Aínda que de forma colateral, nas clases dos últimos días falamos do Século de Ouro, sobre todo, dende o punto de vista pictórico. O esplendor cultural da época tamén o foi da literatura. Francisco de Quevedo (1580-1645), un dos principais exponentes dese Século de Ouro, é autor dunha obra clave dentro da literatura picaresca: La vida del Buscón (Historia de la vida del Buscón, llamado don Pablos; ejemplo de vagamundos y espejo de tacaños), que é unha boa fonte para coñecer a sociedade da época. O debuxante Juan Guarnidó, autor da serie de banda deseñada de Blacksad , da man do guionista Alain Ayroles, ven de publicar un volumen sobre o protagonista de La vida del Buscón , don Pablos de Segovia: El Buscón en las Indias .

El empoderamiento de la mujer

Imagen
Hiparquía (Siglo IV a.C.): “ Crees que he hecho mal en consagrar al estudio el tiempo que, por mi sexo, debería de haber perdido como tejedora?” . Unos días atrás y casi en bucle, esta noticia saltaba a la prensa por el ataque directo al movimiento feminista en el discurso de esa fuerza política española. El histórico movimiento feminista, caracterizado por reaccionar en fases u “olas” (sufragista, reproductiva, salarial…), tiene raíces que se remontan a la Edad Media, con gran influencia en la Ilustración y, más organizado y menos castigado, a lo largo de los siglos XX y XXI. Hace poco se cumplían cien años de la primera mujer que pudo acceder a la universidad con plenos derechos (1910); anteriormente, Concepción Arenal, en 1849, habría acudido a la universidad disfrazada de hombre, pues la ley prohibía a las mujeres acceder a estudios superiores. Otras hazañas históricas realizadas a lo largo del siglo XIX y XX —y que no solo cambiaron el sentimiento social del país, sino...

Gabacho

Imagen
Goya: El dos de mayo en Madrid , 1814 (Museo del Prado) O outro día lin a entrada sobre a palabra “guiri” do meu compañeiro Luis. O tema de descubrir a procedencia de palabras cuxa orixe está relacionado coa historia pareceume moi interesante. Por iso, en pleno estudio da Guerra de Independencia para o exame, xurdiume a dúbida de se a denominación pexorativa “gabacho” cara os franceses proviña desta época. Efectivamente as miñas sospeitas eran correctas. Aínda que o termo utilizábase xa no século   XVII para referise á poboación humilde dos Pireneos que baixaban a España para traballar, o seu uso xeneralizouse a toda a poboación francesa durante a Guerra de Independencia e a invasión napoleónica. Hai fontes que afirman que o termo en si mesmo procede de “gavach” que significaba “o que fala mal”. E realmente esta poboación acostumaba a ter problemas de dicción, xa sexa pola escasa educación ou por enfermidades que os montañeses padecían na garganta. De f...

Mientras dure la guerra

Imagen
Cartel do filme Mientras dure la guerr a (Alejandro Amenábar, 2019) Fai pouco saíu na prensa unha noticia na que un grupo de persoas de extrema dereita do partido España2000 boicoteaban un pase da película Mientras dure la guerra de Amenábar. Cando comezou a proxección, os radicais irrumpiron na sala e comezaron a proferir gritos como “Viva Cristo Rei!”, “Viva España!” e “Arriba España”, á vez que despregaban unha pancarta na que se podía ler: “Únete á resistencia, España2000”. Non é a primeira vez que se producen actos de este tipo. Entre os últimos anos da época do franquismo e finais da década de 1980 foron máis ou menos frecuentes os ataques a cines que exhibían filmes considerados “inaceptables” por certos sectores da poboación. Algúns destes ataques foron, por exemplo, o do cine madrileño Luchana que estrenaba o filme La camada negra, de Manuel Gutiérrez Aragón. A este cine puxéronlle unha bomba, despois lanzáronlle un coctel molotov contra a fachada e finalme...

Cuelgamuros

Imagen
Páxina do diario do soldado republicano Casimiro Jabonero, preso no campo de concentración de Lavacolla Con motivo da exhumación de Francisco Franco, o xornal El País publica un interesante material interactivo con abundante información sobre oVal dos Caídos . Na súa construción traballaron varios miles de prisioneiros republicanos. Outros moitos miles estiveron cautivos nos máis de cen campos de concentración que existiron en España ata 1848, cando cerrou o de Miranda de Ebro.Recentemente, Faro de Vigo publicou un especial sobre os campos que existiron en Galicia: "Las “11 puertas del infierno” que Francoinstaló en Galicia" . Moi cerca de O Milladoiro, en Lavacolla, existiu un deses campos de concentración. Despois de malvivir nunhas barracas de madeira, foron trasladados a unha antiga curtidoría. O seu labor consistiu en ampliar as pistas do aerodromo de Lavacolla para convertelo nun aeroporto, As súas condicións de vida quedaron reflectidas no infor...