Mientras dure la guerra

Cartel do filme Mientras dure la guerra (Alejandro Amenábar, 2019)


Fai pouco saíu na prensa unha noticia na que un grupo de persoas de extrema dereita do partido España2000 boicoteaban un pase da película Mientras dure la guerra de Amenábar. Cando comezou a proxección, os radicais irrumpiron na sala e comezaron a proferir gritos como “Viva Cristo Rei!”, “Viva España!” e “Arriba España”, á vez que despregaban unha pancarta na que se podía ler: “Únete á resistencia, España2000”. Non é a primeira vez que se producen actos de este tipo.
Entre os últimos anos da época do franquismo e finais da década de 1980 foron máis ou menos frecuentes os ataques a cines que exhibían filmes considerados “inaceptables” por certos sectores da poboación. Algúns destes ataques foron, por exemplo, o do cine madrileño Luchana que estrenaba o filme La camada negra, de Manuel Gutiérrez Aragón. A este cine puxéronlle unha bomba, despois lanzáronlle un coctel molotov contra a fachada e finalmente os agresores boicoteárono plantándose fronte a entrada cantando Cara el sol. Todo isto porque a película trataba sobre o terrorismo de ultradereita posterior á morte de Franco. Outra película amenazada pola ultradereita española foi 7 días de enero, de Juan Antonio Bardem, que relata a matanza de Atocha (agresión a un bufete de avogados laboralistas que deixou cinco mortos). O grupo Guerrilleros de Cristo Rey tratou de impedir o seu estreno pero só conseguiron darlle máis bombo mediático.
Sabela 2º Bach C


Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931