Camilo de Dios: o derradeiro maquis galego

O pasado mércores, faleceu Camilo de Dios, o derradeiro guerrilleiro antifranquista galego. De militancia comunista, Camilo de Dios loitou na guerrilla antifranquista nos anos corenta, ata que caeu nas mans da represión franquista. Recentemente, a súa vida foi narrada no documental  Camilo de Dios: o derradeiro guerrilleiro galego (Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García, Pedro Iglesias, 2016).

Foi tamén protagonista doutro documental, A cidade da selva (Pilar Faxil e Helena Gallardo, 2006) nome que os guerrilleiros antifranquistas deron ao seu refuxio nos montes de Casaio (Ourense).
Casualmente, a prensa destes días tamén dá noticia dunha exposición relacionada coa represión franquista: Pequeñas cosas. Trátase dunha mostra que expón obxectos persoais dos condeados a morte durante a ditadura, obxectos que perviviron grazas a que foron gardados polas familias.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931