Cuelgamuros

Páxina do diario do soldado republicano Casimiro Jabonero, preso no campo de concentración de Lavacolla

Con motivo da exhumación de Francisco Franco, o xornal El País publica un interesante material interactivo con abundante información sobre oVal dos Caídos. Na súa construción traballaron varios miles de prisioneiros republicanos. Outros moitos miles estiveron cautivos nos máis de cen campos de concentración que existiron en España ata 1848, cando cerrou o de Miranda de Ebro.Recentemente, Faro de Vigo publicou un especial sobre os campos que existiron en Galicia: "Las “11 puertas del infierno” que Francoinstaló en Galicia".
Moi cerca de O Milladoiro, en Lavacolla, existiu un deses campos de concentración. Despois de malvivir nunhas barracas de madeira, foron trasladados a unha antiga curtidoría. O seu labor consistiu en ampliar as pistas do aerodromo de Lavacolla para convertelo nun aeroporto, As súas condicións de vida quedaron reflectidas no informe redactado o 8 de xullo de 1942, polo xeneral inspector Manuel Canellas Tapia. Neste documento, que está depositado no Arquivo Histórico do Exército do Aire (Villaviciosa de Odón, Madrid), lese que “El edificio en que están alojados los efectivos y dependencia de los dos Batallones es una antigua fábrica de curtidos (…). Las condiciones higiénicas de estos locales dormitorios son fracamente deficientes (…). En general las características de casi todos ellos son: cubicación insuficiente para el número de individuos que duermen en cada local; detalle que se acentúa por la escasa ventilación complementaria de aire, de cierta importancia a través de las ranuras del tejado. Ahora bien como se comprende esta ayuda vá en perjuicio de la confortabilidad del dormitorio, principalmente en invierno. (…) Actualmente como único procedimiento de evacuación de excrementos humanos se utiliza una zanja (…) Se observa (…) que el vestuario está bastante deteriorado pero muy particularmente la deficiencia consiste en el estado lastimoso del calzado (…)”.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931