Gabacho

Goya: El dos de mayo en Madrid, 1814 (Museo del Prado)

O outro día lin a entrada sobre a palabra “guiri” do meu compañeiro Luis. O tema de descubrir a procedencia de palabras cuxa orixe está relacionado coa historia pareceume moi interesante. Por iso, en pleno estudio da Guerra de Independencia para o exame, xurdiume a dúbida de se a denominación pexorativa “gabacho” cara os franceses proviña desta época.
Efectivamente as miñas sospeitas eran correctas. Aínda que o termo utilizábase xa no século  XVII para referise á poboación humilde dos Pireneos que baixaban a España para traballar, o seu uso xeneralizouse a toda a poboación francesa durante a Guerra de Independencia e a invasión napoleónica.
Hai fontes que afirman que o termo en si mesmo procede de “gavach” que significaba “o que fala mal”. E realmente esta poboación acostumaba a ter problemas de dicción, xa sexa pola escasa educación ou por enfermidades que os montañeses padecían na garganta. De feito se fragmentamos aínda máis a palabra obtemos o concepto “gava” que significa “bocio”, unha enfermidade cuxo síntoma principal é a inflamación da garganta, o que provocaba dificultades na fala.
Por outro lado, outras fontes apuntan que gabacho provén de “gave” (“gaba” en castelán) que é o nome co que se denomina ao conxunto dos ríos dos Pireneos. Esta hipótese parece máis correcta se temos en conta a definición de gabacho que atopamos no Diccionario de Autoridades do 1734:

GABACHO:
Soez, asqueroso, sucio, puerco y ruin. Es voz de desprecio con que se motena alos naturales de los Pueblos que están a las faldas de los Pyrenéos entre el rio llamado Gaba, porque en ciertos tiempos del años vienen al Reino de Aragón, y otras partes, donde se ocupan y exercitan en los ministerios más baxos y humildes.
Martín 2º Bacharelato A

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931