A Compañía de Xesús sufriu sonadas disolucións, e posteriormente expulsións, ao longo da súa historia. A primeira, e quizais a máis coñecida, foi a expulsión co decreto do 3 de abril de 1767, firmado por Carlos III en plena época do despotismo ilustrado. Detrás da expulsión albiscábanse as teorías regalistas e absolutistas, que non toleraban a existencia dunha orde tan poderosa coma a dos xesuítas, de obediencia papal. Un verdadeiro Estado dentro dun Estado. Entre a noite do 31 de marzo e a mañá do 2 de abril, levouse a cabo unha operación secreta, rápida e eficaz que clausurou todas as casas xesuítas e incomunicou aos seus membros. Aínda que a Compañía de Xesús non atravesaba o seu mellor momento, pois fora acusada de inducir á baga de motíns do ano anterior, ninguén esperaba esa reacción por parte do Goberno. De feito, as múltiples reunións que realizaran permaneceron en secreto. Tampouco se divulgou o contido da carta pechada que o Conde de Aranda remitiu a todos os xuíces ordina