Entradas

Basilio Álvarez, "o cura de Beiro" o "a sotana rebelde"

Imagen
Nace en 1877 en Ourense dentro dunha familia numerosa. O seu pai era ferreiro, oficio ao que se dedicaron os seus irmáns moi cedo, pero Basilio non tiña dotes para este oficio polo que o seu pai decidiu que estudara.   Cando remata bacharelato, os seus pais non podían pagar os seus estudos universitarios polo que o envían ao Seminario Conciliar de San Fernando. Estuda Teoloxía e fai o servizo militar na Coruña. Durante a súa estancia no cuartel viviu as desastrosas consecuencias da Guerra de Cuba (1898), considerando que era resultado da incapacidade dos políticos monárquicos españois.   En 1902 ordénase sacerdote, combina as tarefas de párroco coa súa actividade xornalista, atacando aos obreiros organizados fora do Círculo Católico e ao clero ourensán. Por estas datas coñece a Lamas Carvajal que lle ofrece colaborar no seu xornal   El eco de Orense , axudándolle a coñecer os problemas dos campesiños galegos.  En 1904 publica   El cura rural ...

Manuel Alonso Martínez

Imagen
Nace en Burgos o 1 de xaneiro de 1827, nunha familia de clase media e críase nun ambiente culto.   Comeza os estudos elementais na súa cidade natal. En 1841, trasládase a Madrid para estudar Dereito, onde decide estudar tamén a carreira, recén creada, de Filosofía e Letras, porque cre que un xurista debe saber expresar por escrito os seus pensamentos.   En 1854, decide regresar a Burgos e a petición dos seus paisanos preséntase ás eleccións de outubro de 1854; recibe os votos de todos os partidos políticos da provincia e inicia aquí a súa andadura política como deputado a Cortes por Burgos, baixo o goberno de Baldomero Espartero, durante o Bienio Progresista (1854-1856), durante o reinado de Isabel II. Se ben é certo que non ten compromiso político, simpatiza coas ideas progresistas.   Na primeira lexislatura no Congreso (1855) séntase con políticos que chegan ao Parlamento por primeira vez, entre outros Cánovas e Sagasta, cos que compartirá tribuna o ...

A lei do divorcio de 1932

Imagen
Caricatura da revista satírica conservadora  Gracia y Justicia  (1931)   Ao longo da historia, en España , o Fuero Juzgo (instaurado polos visigodos)  admitía o divorcio só en casos de sodomía do marido, indución á prostitución da muller e o adulterio desta. Posteriormente  As Sete Partidas , redactadas durante  reinado de Afonso X, prohibírono.  A súa orixe ubícase en 1870, cando se consagrou o matrimonio civil obrigatorio. Na Segunda República en 1931 foi cando se soubo por primeira vez do divorcio: o artigo 43 da Constitución recoñeceu o dereito aos cidadáns a poñer fin legal ao sagrado sacramento do matrimonio: “ La familia está bajo la salvaguardia especial del Estado. El matrimonio se funda en la igualdad de derechos para ambos sexos, y podrá disolverse por mutuo disenso o a petición de cualquiera de los cónyuges, con alegación en este caso de justa causa. Los padres están obligados a alimentar, asistir, educar e instruir a sus hijos. El Est...

GALEGAS DA CONTEMPORANEIDADE

Imagen
  ACCESO

VÍTIMAS DO IMPERIALISMO

Imagen
  ACCESO

DEVANCEIRAS

Imagen
  ACCESO

INVENTOS DO SÉCULO XIX

Imagen
  ACCESO