A arte como fonte da Historia


Un cadro, unha peza de música, unha escultura, unha novela… pode ser fonte de coñecemento da Historia. Sería máis axeitado dicir que “é”, non que “pode ser” unha fonte histórica. A arte sempre conta da época que reflicte e, ao mesmo tempo, da época na que se desenvolve. Francisco de Goya e Benito Pérez Galdós son dous exemplos que demostran estas afirmacións.
A obra de Francisco de Goya (Fuendetodos, Zaragoza, 30.3.1746 - Burdeos (Francia), 16.4.1828), pintor aragonés cumio da pintura universal, é moi extensa. As súas técnicas foron tamén variadas. Á categoría do augaforte pertence a serie Los desastres de la guerra
Debuxo (non gravado) Grupo de mujeres huyendo ante soldados, relacionado con Los desastres de la guerra
(Ca. 1812. Museo del Prado)

O pintor aragonés retratou á Guerra da Independencia (1808-1814) en cadros como Los fusilamientos del 3 de maio ou La carga de los mamelucos. Pero tamén na serie da que falamos, 82 gravados que dan fe da brutalidade dun conflito armado. Non é moi difícil ver a súa influencia no álbumes de guerra de Castelao, por exemplo.
Anos despois, Benito Pérez Galdós (1843-1920) publicou os Episodios Nacionais, 42 novelas históricas escritas entre 1872 e 1912. Cubren a Historia de España entre 1805 e 1885. Entre os seus títulos, atopamos varios dedicados á Guerra de Independencia. 
Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes hai unha ampla documentación sobre o autor e a súa obra.

Comentarios

  1. Un mesmo tema pode ser representado de diversas formas: por exemplo no cadro "Fusilamiento de Torrijos" o drama é suavizado co tratamento heroico do protagonista mentres que na obra "Fusilamientos del 3 de Mayo" vemos a crudeza da guerra sobre a poboación civil. Por iso Goya é un gran "narrador" de da guerra por que evita idealizar a calquera bando e remitese a mostrar a barbarie como realmente é.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931